NOTA DE PRENSA [COLECTIVO LITERARIO IN NAVE CIVITAS]
11/02/1917 - 11/02/2017 CENTENARIO DA VISITA DA
IRMANDADE DE AMIGOS DA FALA DA CORUÑA A FERROL
Ferrol - Cruña: "Unha nova xornada galeguista" das "Hirmandades da Fala" o sábado 11/02/2017 [100 anos despois].
O Colectivo Literario In Nave Civitas e a Fundaçom Artabria organizan a recreación da visita que a “Hirmandade de Amigos da Fala da Cruña” fixo a Ferrol hai cen anos, o 11 de febreiro do 1917.
Amigos da Fala somos
Y-o amor de Galicia sea,
Xa que de todos é nai,
Quen nos xunte e nos protexa…
(Cantiga dos amigos da fala, de Manuel Lugrís)
O 11/02/1917 a “Hirmandade de
Amigos da Fala da Cruña” celebrou en Ferrol un acto galeguista. Dito acto
foi anunciado polos ferroláns coma un «mitín do rexionalismo galego» no que
ninguén ía atopar «humildá, nin queixas, nin vágoas, nin sospiros». Entre
outros; foron a Ferrol, os irmáns Vilar Ponte, Manuel Lugrís, Francisco Tettamancy
e Eladio Rodríguez González sendo recibidos entre aprausos e vivas a Galicia na
estación do ferrocarril do Ferrol por máis de cen enxebres, entre outros; o coro
“Toxos e Froles” co seu presidente
Sr. Vaello, a rondalla “Airiños da Miña
Terra” co seu intelixente director Sr. Pampín, o pintor D. Camilo Díaz, o
poeta D. Emiliano Balás, os cómicos Charlón y-Hermida, D. Pedro Fraga de Porto
e o cultísimo García Niebla. Todos xuntos camiñaron en manifestación solemne e
polo camiño espallaron follas con versos e pensamentos alusivos.
Despois do mitin, celebrado no Salón de Amboaxe, os irmáns enxebres xantaron no "Ideal Room", sito na rúa Real, e a xornada continuou coa representación dun diálogo teatral cómico representado polos senlleiros actores Hermida e Charlón máis a lectura de poemas, segundo relata o boletín decenal A Nosa Terra do 16 de febreiro do ano 1917.
O 11/02/2017, xusto cen anos despois, o Colectivo Literario In Nave Civitas e a Fundaçom Artabria queren conmemorar aquela xuntanza repetindo aquela xornada galeguista co seguinte programa:
Ø Saída en
tren das irmás e irmáns da “Cruña” ás 10:50 Horas.
Ø Chegada a
Ferrol ás 12:07 Horas.
Ø Recepción na
estación do ferrocarril polas irmás e irmáns enxebres de Ferrol.
Ø Roteiro polo
Ferrol das Irmandades da Fala co asesoramento do Catedrático Xosé M. Dobarro.
Ø Reportaxe
fotográfica no edificio “Ideal Room”
(100 anos despois), lectura de textos das Irmandades.
Ø Xantar
popular (12,00 €), lectura de textos, recital poético musical e troula, no
local social da Fundaçom Artabria,
sito na Travesía Batallóns no barrio de Esteiro. [A reserva previa para o xantar pódese facer a través do ciber-correo correiodeartabria@gmail.com ou do teléfono
669 778 474 antes do 9 de febreiro].
Ø Ás 18:30
horas, acompañamento e despedida ás irmás e aos irmáns da “Cruña” na estación
do Ferrocarril.
Ø Saída en
tren de Ferrol ás 19:15 horas (Chegada á Coruña ás 20:30 horas).
Convidamos a todas e a todos os asistentes a virdes vestidas e vestidos coas vosas mellores galas da época, aló polo ano 1917. Convidamos ás irmás e aos irmáns ferroláns a acudiren á estación do ferrocarril para recibiren á comitiva enxebre da “Cruña” e acompañala polas rúas ferrolás nunha nova xornada galeguista cen anos despois.
Prégase e agradécese difusión da nova.
Rueiro da xornada:
“Rueiro do roteiro”
Estación de Ferrocarril Ferrol
Avenida de Compostela
Praza de España
Rúa Galiano
Rúa Lugo
Rúa Real
Praza de Amboaxe (Antigo salón de Amboaxe)
Rúa Real
Praza de Armas (Edificio Ideal Room)
“Rueiro para xantar”
Rúa da terra
Rúa da igrexa
Rúa Cantón de Molíns
Praza das Angustias
Rúa Carlos III
Travesía Batallóns
“Rueiro acompañamento á estación”
Travesía Batallóns
Rúa Carlos III
Rúa Fernando VI
Rúa San Ramón
Rúa Naturalista López Seoane
Avenida de Vigo
Praza de España
Avenida Compostela
Estación Ferrocarril Ferrol