O cartaz deste ano é do pintor coruñés Roberto Castro.
VII
DÍA LUGRÍS
17
DE NADAL DE 2016
O
vindeiro sábado, 17 de nadal, o colectivo In nave civitas e a asociación
cultural O Mural organizan o VII Día Lugrís, data dedicada a lembrar a vida e
obra do artista coruñés Urbano Lugrís González.
Os
actos comezarán as 18:00 horas na praza de Pontevedra ao pé da estatua de
Eusebio da Guarda coa inauguración dun
grafiti no que vaise reproducir unha serigrafía do pintor titulada Marineda
Soñada. O mural estáse a realizar nun lugar habilitado para a ocasión no Instituto de Ensinanza Secundaria
Eusebio da Garda.
A
continuación dedicaremos un tempo para o tradicional obradoiro de paraugas no que decoraremos os nosos "parachuvias" con
motivos marítimos e da obra de Lugrís.
A
iso das 19:00 horas comezará a Manifestación
Atlántica polas rúas da Pescaría con paradas para lembrar a vida e obra do
escritor e pintor coruñés. A manifestación rematará na Coiraza onde
realizaremos, se Poseidón nolo permite,
un avistamento de baleas e homes mariños.
O
colectivo In nave civitas convida a toda a cidadanía a participar neste acto
atavíado coas súas mellores galas mariñeiras e que porten, se as teñen, as súas
buguinas, para acompañar a ruta.
Este
ano acompañarán a marcha un cortexo de 6 bucios ataviados co uniforme de gala
da Unión de Conserveiros de Galicia.
Algúns dos escafandros (elaborados pola artista Viki Rivadulla) pódense
admirar na Libraría Sisargas (r/ San Roque, 7) até o propio 17/12/2016.
Dentro dos actos do día Lugrís a fotógrafa Pilar Silva, membro do colectivo In nave civitas, presenta a súa exposición Cosendo as ondas do mar. A exposición poderá desfrutarse na Buserana bar, praza de José Sellier, dende o venres 16 de decembro até o remate de xaneiro.