Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís

Centenario da Xunta Campestre das Irmandades da Fala

Vaite reservando o 3 de agosto para un acto lugrisán na feira do libro da Coruña.

O noso Colectivo literario In Nave Civitas organiza a recreación da primeira xunta campestre da Irmandade de amigos da fala da Cruña.

O 02/07/1916 os irmáns e as irmáns da asociación coruñesa celebraron a primeira xunta campestre que contou cun invitado de excepción o poeta Ramón Cabanillas.

La Voz de Galicia daquela altura comentou:

Si la convocatoria que la Junta directiva de la Hirmandade de Amigos da Fala se hubiera publicado en forma menos condicional, la fiesta que ayer se celebró en el hermos pinar de Elviña hubiese alcanzado enormes proporciones. (...) Fueron muchos los asociados que reunidos (...) emprendieron a pie la subida al pinar, y cuando llegaron a este otros muchos es esperaban (...) Desde la alta tribuna natural , Villar Ponte, (...) dijo unas breves palabras y leyó un buen puñado de telegramas y telefonemas de adhesión. Todos ellos están escritos en gallego, naturalmente, (...) El señor Lugrís Freire hizo también, en lengua nativa, un bello discurso dicho con todo el fuego y la vehemencia que caracterizan al orador. (...) Y dio comienzo la merienda, que fue animadísima. Para que lo fuese más, surgió un formidable gaitero (...) Se bailó la muñieira y la jota del país y se cantaron alalás y otras cantigas. (...) A la caída de la tarde regresaban los expedicionarios, en medio de una visible impresión de simpatía de los aldeanos de aquellos contornos , gozosos de ver a una muchedumbre de señoritos hablando el gallego colectivamente y sin timideces. (...) Cabanillas, el ilustre poeta, con un grupo de sus amigos y admiradoresm fue de regreso a Elviña a la Reunión de Artesanos donde la entusiaste Junta Directiva lo esperaba para agasajarle.

O 02/07/2016 dende In nave Civitas queremos recrear aquela data repetindo o día co seguinte programa:

12:00 horas xuntanza no aparcadoiro situado diante do mercado de Elviña para (arredor das 12:30 horas) saír andando cara a San Vicente de Elviña.

Roteiro por San Vicente de Elviña.

Recreación da xunta campestre coas lecturas de textos de Eduardo Pondal, Manuel Lugrís e Ramón Cabanillas.

14:30 Xantar campestre na aldea do Castro de Elviña

Convidamos a todas as asistentes a virdes vestidas coas súas mellores galas esportivas de 1916.

Cadaquén ten que levar o xantar de seu, por máis que, como boas irmás, todas partillaremos o noso. 
Acudide!
================================
A festa dos Amigos da Fala en Elviña

Esta xuntanza, realizada en 1916, foi o primeiro acto público, festivo e asembleario en prol do idioma galego. A primera reunión celebrouse nos campos de Elviña.

A convocatoria era para as tres e media da tarde. A esa hora tiñan que estar nas aforas da cidade da Coruña, en Monelos, na entrada da Granxa Agrícola Experimental (desde 1888 ata 1964 estivo na zona hoxe ocupada polo mal chamado polígono de Elviña segunda fase). Cada quen dos asistentes debía levar a súa merenda. A intención era camiñar todos xuntos ata o piñeiral de Elviña e alí celebrar a primeira xunta xeral dos asociados. Facía o chamamento a Irmandade dos Amigos da Fala da Coruña. A xuntanza tería un carácter festivo e campestre e sería tamén o primeiro acto público en prol do idioma galego. Entre a concorrencia ía estar o poeta Ramón Cabanillas. A prensa da época, e en especial La Voz de Galicia, permítenos coñecer o acontecido.
Ese día, o domingo 2 de xullo de 1916, con bo tempo, foron moitos os asociados á Irmandade da Fala coruñesa que se achegaron ata a Granxa Agrícola. Dende alí e a pé percorreron o vello camiño que despois de bordear o río Monelos ascendía ata igrexa de San Vicente de Elviña e continuaba ata o piñeiral situado preto da aldea de Castro. Cando chegaron xa estaban esperándolles numerosas familias que decidiran sumarse á excursión; tamén foron rodeados por moitos veciños e labregos da contorna. Xuntos, uns centos de persoas segundo La Voz, subiron ata un pequeno outeiro dominado por unhas rochas e desde o que se divisaba toda a perspectiva da Coruña. Aínda que as crónicas non o din, ese outeiro era e é o castro de Elviña. 
En dito lugar, Antón Vilar Ponte, fundador e conselleiro primeiro da Irmandade, pronunciou unhas breves palabras de saúdo e leu os numerosos telegramas de adhesión e felicitación recibidos de toda Galicia. Despois o escritor Manuel Lugrís Freire, en ton fogoso e vehemente, enalteceu os fins da Irmandade creada na Coruña o pasado 18 de maio: propagar e ennobrecer o galego. As súas verbas causaron unha fonda emoción nos presentes. Tras rememorar aos poetas galegos, fixo un cálido eloxio de Ramón Cabanillas, que se atopaba entre os presentes, e leu diversos poemas seus, de Uxío Carré Aldao e de Cabanillas, sendo todos moi aplaudidos. 
A continuación, espallados os expedicionarios polo campo, comezou a merenda que estivo amenizada polo recio gaiteiro coruñés Emiliano Moscoso, acompañado por un tamboril e un bombo. A xente bailou muiñeiras, xotas do país e ribeiranas, ademais de cantar alalás e moitas outras cancións galegas. Á tardiña, tras pasar unha grata e animada velada, os excursionistas e asociados retornaron á cidade satisfeitos do resultado da primeira festa en defensa do rexurdimento e propagación do idioma galego. 

Pola noite, Ramón Cabanillas e un grupo dos seus amigos achegáronse ata a Reunión de Artesáns onde foron agasallados polo seu presidente Manuel Casás cun lunch acompañado dun, segundo a prensa, riquísimo tostado do Ribeiro que substituíu ao clásico champaña. O éxito do modelo de festa-romaría en prol do galego celebrado en Elviña faría que desde entón os Amigos da Fala o repetisen en distintos lugares de Galicia.

Historias con Historia
«O éxito do modelo de festa-romaría en prol do galego faría que o repetisen en toda Galicia»

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2016/05/23/span-langgl-festa-dos-amigos-da-fala-elvinaspan/0003_201605H23C5997.htm
 
Fototeca Irmandades:



 

0 comentarios :

Publicar un comentario

Lugrís

Lugrís