Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís

Crónica dunha Xornada Galeguista Ferrol - Cruña



As irmás e o irmáns enxebres da fala diante do Ideal Room 11/02/2017.

O sábado 11 de febreiro a Novísima Irmandade da Fala cruñesa celebrou en Ferrol un acto galeguista para conmemorar o mitin que 100 anos antes organizara o Comité de aición galleguista da Hirmandade da Fala da Cruña.

Os bo e enxebre ferrolán, Sr. Gago, e as xentes da Fundaçom Artábria emprestaron todo o seu apoio facendo un patriótico esforzo para difundiren a celebración deste acto. As irmás e o irmáns enxebres da Cruña saíron da estación de San Cristovo no tren das 10:50 horas e comezaron a lenta viaxe no convoi. O Sr. Osorio lembrou o anuncio do acto que publicara A Nosa Terra o 6 de xaneiro de 1917 e as verbas de Antón Villar Ponte que convidaba as galegas a se esquecer dos localismos para abrazar o galeguismo. Prosegiu a marcha ao ritmo de cancións da terra.

No apeadoiro de Infesta o Sr. Rodriguez Palleiro reivindicou con vehemencia a colocación dun «by-pass» que traguería a esa liña ferrea a altura dos tempos. O Señor Souto ilustrou a parada en Betanzos lembrado a anécdota contada polo lehendakari Ibarretxe de como Foucellas deixou patacas na porta do seu avó, desterrado nesa parroquia coruñesa, para axudalo a sobrevivir o seu primeiro inverno galego. Na parte final da viaxe as regueifeiras comezaron unha fera guerra que finalizou sen consecuencias. 

Na estación de Ferrol agardaban un fato de enxebres ferrolás cun gaiteiro aos que as viaxeiras replicaron entonando a Foliada da Coruña. Deseguido comezou un roteiro que levou aos galeguistas polo centro de Ferrol.

O señor Gago, cicerone de excepción, expricou a impresión que en 1917 causara a rúa Galiano a Villar Ponte. O sr. Dobarro, catedrático de lingua galega, amosou os locais da rúa Real nos que comezaron as actividades da Irmandade de Amigos da Fala de Ferrol. 

A visita continuou no Casino onde as irmás desfrutaron dos murais de Bello Piñeiro, unha das obras cimeiras da pintura modernista da nosa terra. Asi mesmo se achegaron ao edificio do Salón Amboaxe e o Ideal Room, lugares nos que en 1917 celebráronse o mitin e o xantar. Despois da imprescindible fotografía de familia dirixiron os seus pasos a Fundaçom Artabria onde se lles agasallou c'un esprendido xantar. Á hora do café Manolo Bacalhau deleitou as irmás con algunhas das mellores pezas do seu repertorio e o gaiteiro, as pandereteiras e o tambor uníronse as voces das asistentes para intepretar temas da nosa música e voltou a incruenta batalla das regueifas. Para rematar o acto a Sr. Ramiro e a Sra. Fernández e a señora Rosa Martínez recitaron versos ademirables. O Sr. Gago (pai) interpretou de memoria a peza A Princesa, dos Irmáns da Fala Charlón e Hermida. 

Antes de partir do local de Artábria todos os enxebres presentes entonaron o himno galego para pechar unha xornada enxebre que non esqueceremos endexamais. 

Até o tren acompañaron os irmáns e as irmás coruñesas e moitos amigos e amigas de Ferrol. Cando arrincou o convoi houbo vivas a Galicia, a Ferrol e A Coruña e a despedida foi ao compás da Foliada de Cercedo.

Debuxo realizado polo compañeiro Roberto Illas Sisargas, para conmemorar a ocasión.



Reportaxe fotográfica de Esperanza Vázquez Dopico, na Conmemoración da visita da Irmandades da Fala da Cruña a Ferrol 11de febreiro de 1917 - 11 de febreiro de 2017. Roteiro histórico polo centro de Ferrol. Organizaron: Colectivo Literario In Nave Civitas e Fundaçom Artabria.
Música: A Quenlla - Manifesto de Lugo.


Reportaxe fotográfica de Conmemoración da visita da Irmandade da Fala da Cruña a Ferrol 11de febreiro de 1917 - 11 de febreiro de 2017. Xantar Popular de enxebres do Colectivo Literario In Nave Civitas e da Fundaçom Artabria no seu local social de Esteiro en Ferrol.


Na estación de Ferrol agardaban un fato de enxebres ferrolás cun gaiteiro aos que as viaxeiras replicaron entonando a Foliada da Coruña. Deseguido comezou un roteiro que levou as galeguistas polo centro de Ferrol. O señor Gago, cicerone de excepción, expricou a impresión que en 1917 causara a rúa Galiano a Villar Ponte. O Sr. Dobarro, catedrático de lingua galega, amosou os locais da rúa Real nos que comezaron as actividades da Irmandade de Amigos da Fala de Ferrol. A visita continuou no Casino onde as irmás desfrutaron dos murais de Bello Piñeiro, unha das obras cimeiras da pintura modernista da nosa terra. Asi mesmo se achegaron ao edificio do Salón Amboaxe e o Ideal Room, lugares nos que en 1917 celebráronse o mitin e o xantar, o salón de amboaxe. Despois da imprescindible fotografía de familia no edificio do emblemático hotel Ideal Room dirixiron os seus pasos a fundaçom Artabria onde se lles agasallou c'un esprendido xantar. Até o tren acompañaron as irmás coruñesas moitas amigas de Ferrol. Cando arrincou o convoi houbo vivas a Galicia, a Ferrol e A Coruña e a despedida foi ao compás da Foliada de Cercedo.

0 comentarios :

Publicar un comentario

Lugrís

Lugrís