Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta Museo Belas Artes Coruña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Museo Belas Artes Coruña. Amosar todas as publicacións
No Museo de Belas Artes da Coruña pódese ver o mural "Vista da Coruña, 1830"; unha obra que Lugrís pintou na parede da casa dun familiar en Madrid e que agora volta á Coruña. Trala benvida ao mural coa oda A Arribada, composta especialmente para ocasión. Logo dela, interpretouse esta fermosa canción, o imno do Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís, toda unha homenaxe ao mesmo Urbano Lugrís e a cidade barco, A Coruña.




  "Vista da Coruña, 1830" de Urbano Lugrís.
 
Urbano, Urbano,
Urbano Lugrís (bis)
quen pintou o mar, 
soños dun País!

Ulyses, Ulyses 
Ulyses Fingal (bis)
pintando a Marola
mudou todo o mar.

Acerico das sereas;
cosen as rendas do mar
cosen as rendas do mar
con fíos de lúa chea

Teño unh-a pedra coral,
Téñoa n-a miña poutada
Téñoa n-a miña poutada
Nena, que andas no areal

Urbano, Urbano,
Urbano Lugrís (bis)
quen pintou o mar, 
soños dun País!

Ulyses, Ulyses 
Ulyses Fingal (bis)
pintando a Marola
mudou todo o mar.

Canción creada e arranxada por
 Moncho do Orzán e Rodrigo Osorio.
(A recalada do mural) Recepción poética do mural "Vista da Coruña 1830, de Urbano Lugrís" que o Museo de Belas Artes exhibiu por vez primeira ao público o día 21 de decembro de 2013. O Colectivo In Nave Civitas Lugrís, encargouse un ano máis de darlle surrealismo e vida e lembranza ao IV día Lugrís na cidade barco.


Cultura e Educación pon en valor a obra de Urbano Lugrís a través do Museo de Belas Artes da Coruña
A institución cultural proporciona un novo emprazamento permanente ao mural, ‘Vista da Coruña 1830, que pintara o artista nunha vivenda de Madrid
Ven, 20/12/2013 - 20:44
‘Vista da Coruña 1830’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Museo de Belas Artes da Coruña, colabora na posta en valor de Urbano Lugrís coa apertura dun novo espazo especificamente deseñado para situar de xeito permanente o mural ‘Vista da Coruña 1830’ que o artista galego realizou no ano 1959 na casa madrileña dos seus familiares, os Lugrís-Muñoyerro.

A imaxe permaneceu no domicilio ata finais dos oitenta, no que foi doada polos irmáns Lugrís Alonso-Muñoyerro ao Ministerio de Cultura, que acordou o seu traslado ao Museo de Belas Artes. Esta institución museística foi a responsable da súa restauración, de xeito que o seu estado de conservación actual da peza pode cualificarse de moi bo. A obra reviste unha especial importancia ao tratarse dun dos poucos murais que se conservan en coleccións públicas e que vai a estar exposto dun xeito permanente.

‘Vista da Coruña 1830’

A obra, cunhas dimensións de cento vinte e un por douscentos vinte centímetros e realizada en temple sobre xeso, representa unha vista fabulada e en formato panorámico da cidade da Coruña, co aspecto que esta idealmente tería no ano 1830. A perspectiva urbana que se nos presenta corresponde á fachada portuaria, resaltando de forma onírica os elementos máis representativos: a Torre de Hércules ao fondo de cor rosa, a cidade vella con casas xeométricas de distintas cores, e a baía co Castelo de Santo Antón e, na súa contorna, distintas embarcacións.
Neste enlace pódese ver o mural:
http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=70&idc=2395

Fonte: http://www.edu.xunta.es/web/node/11404



Lugrís

Lugrís