Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta Milucho Mariñas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Milucho Mariñas. Amosar todas as publicacións
 

"A Memoria das Pedras" Roteiro Homenaxe a Milucho Mariñas organizado polo Colectivo Poético Literario In Nave Civitas Lugrís o domingo 06 de setembro de 2015. Unha marabillosa e emotiva xornada homenaxe ao mítico e benquerido Milucho Mariñas.


Fotos e video de Xurxo Gago.
Música de Lenda Ártabra: Mariñeiros do Mar.

 
 
Hemeroteca Milucho:
Roteiro da man de Milucho e Xurxo Souto
O luns 28 de maio tivemos a sorte de facer un roteiro polos arredores da Torre de Hércules da man de Milucho Mariñas, un experimentado percebeiro, que aínda estando xa retirado do oficio segue a ter unha gran paixón polos percebes.
Milucho fixo un pequeno recorrido polas rochas percebeiras máis importantes que había nos seus tempos; así como daunos a coñecer os lugares máis perigosos da costa coruñesa onde houbo máis naufrasios e lamentablemente falecementos. Algunhas das rochas máis citadas por el son: a vaca, o boi, o becerro, coitelos de mar, o altar, a corredoira, o redondo... Ademais grazas aos seus coñecementos podemos citar palabras como meixón, a cal non aparece no diccionario e que significa; rocha que en preamar está cuberta pola auga e en baixamar queda á vista.
Para Milucho ser percebeiro non era un traballo senón unha afición, no que podía pasar horas e facer longas viaxes en lanchas de remos para poder coller percebes. Contounos anécdotas e historias, como a de ter que ir ás agachadas sen que os visen os centinelas que estaban a vixiar na zona militar, correndo o risco de ser arrestado e mesmo ir preso.
Nada máis decir que me gustou moito este roteiro e que aínda queda pendente poder rematalo podendo contar de novo coa presenza e compaña de Milucho Mariñas sen deixar de lado tampouco a Xurxo Souto que tamén nos acompañou en todo o roteiro. 
Fonte: http://viacala.blogspot.com.es/2012/05/roteiro-da-man-de-milucho-e-xurxo-souto.html

Xurxo Souto entrevista a Emilio "Milucho" Mariñas (Memoria do Club do Mar, da Agra de San Amaro e de todos os lugares darredor da Torre. Técnicas de marisqueo e xentes do mar): 


Fallece el histórico percebeiro Milucho Mariñas

http://www.radiocoruna.com/articulo/informativos-radio-coruna/fallece-historico-percebeiro-milucho-marinas/20140827000000017554.html

 As pedras do Mar da Torre: 

 https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=zZ18B2QHBlhE.k17jJ3iz5E4Q

 

O noso compañeiro de colectivo Rodrigo Osorio agasallounos cun mapa das pedras do mar da Torre de Hércules. Todos os nomes das pedras marcados e sinalados no seu lugar correspondente, tal e como nos ensinara no seu día en varios roteiros o sabio e mellor percebelleiro do mundo, Milucho Mariñas (DEP). 
 Este é o enlace ao mapa:
Medre o Mar!

Lugrís

Lugrís