Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta A Perdiz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Perdiz. Amosar todas as publicacións


 A Perdiz

Non lembro a miña orixe, non teño memoria.
E apenas sei se son algo vivo; pero si, latexo
dentro desta coiraza de pedra.

Certo día,
un mariñeiro díxome que parecía unha perdiz.

Véxome no reflexos do mar,
é certo,
aseméllome a unha perdiz.

Quizais son realmente un fósil de paxaro.
E o Mar encargouse de facerme máis robusta e Forte.

Hoxe veu xunta a min,
o meu amigo Xosé.

Fala comigo se está só; porque se non,
di que lle chaman tolo,
e á xente tola non se lle respecta.

Escóitoo,
non entendo todas esas palabras
que Él lles chama metáforas,
pero gústame o seu Son.

Ás veces,
asemello un xesto
cando o mar Bramou moito na noite,
e  el fuxe.

-Da acordo, Perdiz. Hoxe  non ficarei a pescar.
Teño medo a ser sempre inmóbil, eterna…

Medo a pasar moitas máis noitiñas en soidade,
coa escuridade do mar.

O mesmo soño,
nostalxia de ser paxaro,
e voar.

Alén desa liña.

Maca Silva <macaabeas@gmail.com> 

Lugrís

Lugrís