Urbano Lugrís
20:00
horas. Ao pé do obelisco.
Ao
son da gaita e o tambor debuxamos nos nosos paraugas motivos mariños
para lucir na manifestación atlántica que nos levou atá o lugar no
que Urbano Lugrís tivo o seu estudio (Rúa da Estrela).
Os
siareiros do pintor sur-marino manifestámonos aos gritos de
“O
que pintou a marola, pintou a mar toda!”
“Menos
derrotismo e máis surrealismo!”
Unha manifestación a favor que foi recibida polas terrícolas e os terrícolos con acenos de asombro.
20:30
horas. Camarote submarino.
Na
rúa da mantelería, Pablo Outón rematou o seu frustrado grafite do
ano pasado nunha das paredes que pechaba o estudio no que Urbano Lugrís pintou moitas das obras das que tanto gustamos.
No 2011 cando estaba pintando a policía do Concello
retiroulle o materia e a pintura quedou a medias. Este ano, xa con
licenza municipal, a rúa de Mantelería conta cun novo grafite.
(Pablo
Outón retoca o grafite mentras entoa o berro mollado)
Despois
da cea pasamos a ver o grafite e Outón dixo: "As pinturas, como ás
mulleres, hai que velas de día!”
A mañá seguinte a obra estaba así:
21:00
horas. A habitación do vello mariñeiro.
Acto poético do
colectivo In nave civitas no bar Borrazás (rúa do Orzán)
Xosé
Iglesias:
TRANSFUSIÓN
OCEÁNICA
Eu,
creo que sou humano reconvertido,
e sinto, que nalgún momento
sufrín
transfusión oceánica,
porque
esta sangue do meu corpo
non
é sangue, é sangue salgada.
Sinto
tamén que sufrín metamorfose,
non
é nariz a miña senón proa,
non
son brazos os meus senón amuras
e
as miñas costelas cadernas…
Todo
min forma un esqueleto naval.
E esa barriga que se afunde no
mar
estabilidade contras as ondas de costado.
Son humano, son
barco, son tantas cousas.....
Eu, creo que son árbore, porque
sempre me chove,
sempre me venta, sempre me dá o sol.
tamén
creo que sou paxaro, porque os peixes
venme voar
entre as ondas, e subo, baixo,
fago siluetas
acrobáticas ou simplemente voo raso.
Así
me ven, un paxaro voando no océano…
Miran
cara enriba, e alí estou coa proa,
as
amuras, a popa, a barriga, o eixe…
Eu son mariñeiro, e
o mar móllame a alma,
salinízame e golpéame
o corazón.
e eu, non podo facer máis nada,
senon
ser árbore, ser barco, ser
paxaro...
en serio, nada podo facer,
NADA, PORQUE
MARIÑEIRO SOU.
Teresa
Ramiro:
Se
queres escrever este país, aprende primeiro a lé-lo
Mía
Couto
A
RABALEIRA
Sobre
a pedra de A Rabaleira
deslizan seus sonhos ,os
percebeiros,
sombras dunha esperanza que se quebra
coma a onda
na crista dos rochedos.
Coiteladas de
vida
coiteladas de sal !...
Rabaleira ti es pedra ,eles
son carne,
terra e vento ,inmersos no mesmo mar.
Sobre o teu
ventre fecundo brincan
enchendo de vida o cesto dos
sonhos.
Coiteladas de vida
coiteladas de sal !...
Con
sorrisos de escuma mordendo con furia,
sedento de sombras , en
doce cantiga,
vestindo de lágrimas un berro amargo,
o mar os
arrola ,roubándolles a vida.
Coiteladas de vida
coiteladas
de sal!...
NO MAR CRECERÁN SEMPRE ROSAS.
Destes
versos tirou unha música Xurxo Souto que interpretou por vez
primeira ese día.
Xurxo Gago recitou O Grelle, un poema que naveraría centos de millas no interior dunha botella para chegar a unha praia de Irlanda, pero iso é outra historia.
Xurxo
Gago:
O
GRELLE
Baixo
o ceo do atlántico
un
pequeno recuncho resgardado
tralos
meixóns do Gancho,
O
Grelle, co seu areal dourado.
Augas
verdes, fitoplacton,
diversidade
de fauna e flora
nun
mundo máxico mergullado
de
centolas e de gorgonias,
de
nudibranquios e de esponxas,
somerxido
lenzo debuxado
pola
natureza benfeitora
nun
atraente lugar enfeitizado.
Teno
escrito na súa historia,
aqueles
tempos de paga e cobra,
do
pagadoiro do fielato,
e
os consumeiros noutrora,
naqueles
tempos do pasado,
mercadorías
e manobras
cobradores
entregaban robras
e
O Grelle teno gravado.
Neste
recuncho resgardado
dos
ventos recollido
vese
un mundo ven pintado
de
fortes cores moi vivos.
É
O Grelle refuxiado,
na
cidade dos sentidos,
na
Coruña, cidade barco
a
dos futuros soños cumpridos.
Logo, Serafin Mourelle,
patron do mar de Irlanda, recitou dos poemas que ainda non se puideron recuperar para incorporar a esta crónica.
Manuel Rivas uniuse ao
acto e recitou:
MEU AMOR CONTRABANDISTA
Meu
amor anda ás crebas pola beiramar.
Vai
preñada de vento,
vai
preñada de néboa,
do
lóstrego vai,
todo
o apaña
apáñao
todo
coa
luz beatísima do seu vesgo ollar.
O
ben que se leva co temporal,
como
o amansa,
24
fotogramas por minuto,
a
dureza mística,
a
luz facinorosa
do
seu pestanexar.
E
el dálle zapatos sempre do mesmo pé,
o
andar dos deuses coxos do mar.
Meu
amor enche o ventre
de
seixos silábicos,
de
runas, de aghoams,
de
voces baixas,
pictogramas
coprófagos
que
crían nos excrementos da lúa.
Meu
amor anda ás crebas pola beira da esfera,
nas
estradas solitarias,
no
ceo dos manequíns
onde
rompen as nubes,
nos
cemiterios dos pingüíns xigantes
cos
seus portafolios de naturezas mortas.
Vai
preñada por dentro,
cara
dentro,
como
unha guía en tempo de éxodo.
Ese
ollar delincuente,
ese
corpo de contrabandista de seda,
esa
voz rouca.
Durmía
cos ollos abertos meu amor.
Non
sei vivir
sen
o rumor do seu vesgo ollar.
Meu
amor anda ás crebas na noite.
Apaña
os restos aleixados
do
ben e do mal,
un
cargamento ultramarino de esdrúxulas,
un
fardo de cousas septiformes,
o
contedor de frascos de potencias da alma.
Veni
Sancte Spiritus,
meu
amor atopou ao bébedo Xonás.
Meu
amor di que Xonás era el o gran peixe.
Xonás
preñado de seu,
de
abismo.
Meu
amor funde os pés na area,
leva
no ventre un arfar canso de nai virxe,
un
canto de gorxa inuit,
o
nome impronunciábel do mesmo temporal.
Meu
amor vai parindo de pe
o
poema da illa.
Cercada
polas ondas,
o
corpo aberto,
a
ollada fértil,
as
mans vesgas
a
amasar,
a
levedar o tempo petrificado.
Et
tui amoris in eis ignem accende
and
kindle in them the fire of thy love.
Meu
amor enténdese co mar,
ese
fillo de puta,
meu
amor.
Epílogo:
A cea coruñesa. (Cosmoba, rúa do Orzán)
O noso señor Lugrís inventou o que deu en chamar o "menú tradicional coruñés" que de acordo coas testemuñas consistía en:
- Tortilla de longueiróns de Bastiagueiro
- Faneca de pilo (de Riazor)
- Ternera lardeada con pementos de Betanzos
- Sobremesas: canas con limón e canela, papas de arroz á vainilla e queixo de Texeiro.
- Viños do Ribeiro, tinto er blanco, e agudelo de Betanzos.
- Café e licores.
- Farias da fábrica de tabacos da Coruña
Ante as imposibilidades física
(moitos dos produtos xa non existen nin os nosos estómagos serían
quen de soportar a inxente cantidade de comida) de reproducir a
mítica cea coruñesa que argallou Lugrís, Xurxo Souto encargou aos
do Cosmoba unha cea mariñeira digna do noso señor Urbano Lugrís.
Como proba os dous platos
principais:
O postre foi unha contundente larpeira cuberta de chiculate.
Comida, viño, música e
ledicia... Que mellor xeito de celebrar a obra de Urbano Lugrís?
E -como di o noso capitán (Xurxo Souto)- para rematar... Que continúe!
Medre o mar!
Coiteladas de vida! Coiteladas de sal!