A INACTIVIDADE DA XUNTA DE GALICIA PON EN PERIGO O MURAL DE URBANO LUGRÍS
NOTA DE PRENSA
A Coruña, 3 de agosto de 2015.
A INACTIVIDADE DA XUNTA DE GALICIA PON EN PERIGO O MURAL DE
URBANO LUGRÍS.
Malia que o Servizo de Museos da Consellería de Cultura emitiu o
30.09.2013 un informe favorable á declaración como ben de interese
cultural (BIC) do mural que Urbano Lugrís González pintou no baixo do
núm 74-76 da rúa Real a Dirección Xeral de Patrimonio aínda non
cumpriu coa súa obriga de incoar o expediente para concederlle a dita
protección ao fresco.
A asociación cultural O Mural solicitou a declaración do dito mural como BIC o
28.06.2013. A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia (LPCG) obriga á Dirección
Xeral de Patrimonio da Xunta a iniciar o expediente tras unha petición, sen que
até o intre fixera máis que solicitar o dito informe ao Servizo de Museos.
A incoación do expediente é un trámite importante pois supón que dende o
momento no que se publique no DOG e até a resolución o mural gozará de
xeito provisional -condicionado ao resultado final do expediente- da máxima
protección, a propia dos bens de interese cultural, tal e como ordena o art. 10
LPCG.
O peche da cafetería que ocupaba o baixo do número 74-76 da rúa Real non só
priva ao público de ver unha das máis emblemáticas obras de arte da Coruña
senon que tamén pon en perigo a súa conservación: ninguén sabe o que as
persoas que teñen acceso ao local poden facer.
Se o expediente estivera incoado na data na que O Mural solicitouno, hoxe,
entre outras cousas:
- Os propietarios e posuidores do mural deberíán facilitar a visita do
público a este nas condicións que a Xunta establecera, que en todo caso
tería que ser gratuíta durante catro días ao mes, en días e horario
prefixado.
- O mural gozaría da máxima protección, e a súa utilización quedaría
subordinada a que non se puxeran en perigo os valores que aconsellan a
súa conservación. Calquera cambio de uso tería que ser autorizado polos
organismos competentes.
0 comentarios :
Publicar un comentario