V DÍA LUGRÍS
V DÍA LUGRÍS
20 DE NADAL DE 2014
17:00 A ARRIBADA DO GRAFITI
(Praza José Sellier)
Solemne e lírica inauguración do grafiti que recrea unha
obra de Urbano Lugrís na Praza de José Sellier, cerna da Coruña lugrisá.
Seguido do
tradicional
OBRADOIRO DE PARAUGAS
PINTADOS
(Praza José Sellier)
Xuntarémonos para
decorar os nosos paraugas con motivos mariños e lugrisáns cos que logo
percorreremos as rúas coruñesas.
(Que cada quen leve o seu paraugas, as súas pinturas e toda
a súa imaxinación)
17:45 MANIFESTACIÓN ATLÁNTICA E SURREAL
(Praza de José Sellier-Xardín de San Carlos)
Cos nosos paraugas pintados e unha serpe mariña seguiremos as alancadas diurnas e nocturnas
do pintor do mar até atoparnos con a outra metade de Ulyses Fingal: Antón
Avilés de Taramancos.
18:30
RECREACIÓN
DO INTRE NO QUE ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS COÑECEU A URBANO LUGRÍS.
(Xardin de San Carlos)
Coa participación de todo o público asistente
e Anxo Angueira.
18:45 MANIFESTACIÓN ATLÁNTICA E SURREAL (continuación)
(Xardín de San Carlos – Praza do Papagaio)
Segunda parte da marcha na que chegaremos até o Papagaio,
seguindo os cantos de tritóns e sereas.
19:30 A HABITACIÓN DO VELLO MARIÑO
(Monty Ambigú)
Recital poético mariñeiro na memoria e honra do Noso Señor
Lugrís polos vates mareiros Manuel O'Rivas, Serafín Mourelle e Xosé Iglesias.
Todos os actos deste V día Lugrís son abertos.
Prégase que quen a tivera acuda cunha
corna mariña para axudar a encher de
sons atlánticos esta xornada e invitamos a
que participedes nos actos disfrazados dalgunha das personaxes dos
cadros do gran pintor sur-marino.
Benquerid@s
mareantes!
Como todos os anos por estas datas o colectivo literario In
nave civitas, a asociación cultural O Mural e a asociación de escritoras e
escritores en lingua galega estamos organizando o Día Lugrís no que
celebraremos na Coruña a pintura e a poesía de Urbano Lugrís.
Entre outros actos este ano queremos deixar para tod@s @s que
pasen pola Coruña un grafiti cunha das obras do pintor do mar para o que xa
temos todo preparado.
O mural estará na parede medianeira -hoxe baleira- de praza de
José Sellier, cerna da Coruña lugrisán.
O custo orzamentado para este grafiti (artistas, pinturas,
permisos, taxas, seguros, etc...) é de 1.200 €.
Os andamios non engordan o orzamento porque grazas a xestión de
MAS arquitectura prestóunolos a empresa Desarrolla.
Queremos solicitar a vosa colaboración económica para poder
levar adiante esta obra.
Podedes ingresar os cartos na seguinte conta corrente de ABANCA:
IBAN ES30 2080 3103 1430 0002 3625
Non hai unha cantidade mínima para a achega e para facilitar as
cousas en breve os informaremos de algúns locais nos que disporemos de petos
para recoller aportacións.
Tod@s aquel@s que contribuádes poderedes -se queredes- ver o
voso nome ao pé do grafiti. Deixalo claro no concepto da transferencia ou nun
sobre ao facer a achega nun dos petos.
Nas páxinas web de In nave Civitas
(http://innavecivitaslugris.blogspot.com.es/) e
O Mural (http://www.omural.es/) publicaremos os cartos acadados e
o destino que lles damos para que tod@s poidades comprobalo.
Como sabemos que tedes xenerosidade abonda e imos conseguir
máis cartos dos precisos comprometémonos con vós a destinar o sobrante para a
organización do VI día Lugrís (2015), máis concretamente para financiar novos
grafitis lugrisáns o de inspiración mareira para a cidade da Coruña.
Grazas pola vosa colaboración e pregámosvos que difundades esta
iniciativa para poder levar a cabo esta intervención cultural cidadá.
Medre o mar!
1 comentarios :
Que Medre..-
Publicar un comentario