Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta A Coruña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Coruña. Amosar todas as publicacións
 
Benquerid@s mareantes!
Como todos os anos por estas datas o colectivo literario In nave civitas, a asociación cultural O Mural e a asociación de escritoras e escritores en lingua galega estamos organizando o Día Lugrís no que celebraremos na Coruña a pintura e a poesía de Urbano Lugrís.
Entre outros actos este ano queremos deixar para tod@s @s que pasen pola Coruña un grafiti cunha das obras do pintor do mar para o que xa temos todos preparada. O mural estará na parede meidaneira hoxe baleira da praza de José Sellier, cerna da Coruña lugrisán.
O custo orzamentado para este grafiti (artistas, pinturas, permisos, taxas, seguros, etc...) é de 1.200 €.Os andamios non engordan o orzamento porque grazas a xestión de MAS arquitectura prestóunolos a empresa Desarrolla.
Queremos solicitar a vosa colaboración económica para poder levar adiante esta obra.
Podedes ingresar os cartos na seguinte conta corrente de ABANCA:
IBAN ES30 2080 3103 1430 0002 3625
 
Non hai unha cantidade mínima para a achega e para facilitar as cousas en breve os informaremos dalgúns locais nos que disporemos de petos para recoller aportacións.
Tod@s aquel@s que contribuádes poderedes se queredes ver o voso nome ao pé do grafiti. Deixalo claro no concepto da transferencia ou nun sobre ao facer a achega nun dos petos.
Nas páxinas web de In Nave Civitas (http://innavecivitaslugris.blogspot.com.es/) e O Mural (http.//www.omural.es/) publicaremos os cartos acadados e o destino que lles damos para que todos poidades comprobalo.
Como sabemos que tedes xenerosidade abonda e imos conseguir máis cartos dos precisos comprometémonos con vós a destinar o sobrante para a organización do VI día Lugrís (2015) para financiar novos grafitis lugrisáns o de inspiración mareira para a cidade da Coruña.
Grazas pola vosa colaboración e pregámosvos que difundades esta iniciativa para poder levar a cabo esta intervención cultural cidadá.
Medre o mar!
2ª Edición
«As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos. Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan. Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco.



A Xunta incoará o expediente para a declaración como BIC do mural de Lugrís na rúa Real

Rolda de prensa 17.01.2014

Ana Badía e Marcos Samaniego. Foto de Pedro Puig. El ideal gallego. 18.01.2014.

A Xunta de Galicia anunciou que incoará o expediente administrativo, iniciado pola asociación cultural O Mural, para a declaración do mural de Urbano Lugrís ubicado na rúa Real da Coruña como ben de interese cultural (BIC).

A solicitude formal para que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta declarese ben de interese cultural o mural foi presentado pola asociación o 28.06.2013. Ante a falta de resposta nos meses seguintes, O Mural solicitou unha entrevista coa responsable de este departamento, María del Carmen Martínez, para coñecer o estado do expediente. 

A reunión celebrouse en San Caetano o 16.12.2013 ás 13:00 horas e nela a directora xeral comunicou a asociación O mural que o informe técnico necesario era favorable polo que, a volta de Nadal, o DOGA publicaría a incoación do expediente administrativo para a declaración do mural como Ben de Interese Cultural.

Trátase dunha noticia “excelente” xa que dende a publicación no DOGA o mural de Lugrís estará, por primeira vez, protexido pola lexislación.

 Así se recolle no artigo 10.3 da Lei do patrimonio cultural da comunidade autónoma de Galicia: A incoación dun expediente para a declaración dun ben de interese cultural determinará, respecto ao ben afectado, a aplicación inmediata e  provisional do réxime de protección previsto na presente Lei para os bens xa declarados. No caso de bens inmobles, ademáis, será de aplicación o estipulado no artígo 35.1 da presente Lei.

A Directora Xeral de Patrimonio valorou os argumentos e as fundamentacións da solicitude presentada, e recoñeceu que sen esta iniciativa liderada pola Asociación O Mural a Xunta de Galicia non tería dado este paso.

A nova a trataron, entre outros, estes medios:

(Pode premer sobre o nome do medio para acceder á noticia)


A XUNTA INCOARÁ O EXPEDIENTE PARA A DECLARACIÓN COMO BIC DO MURAL DO LUGRÍS DA RÚA REAL.

A Xunta de Galicia anunciou que incoará o expediente administrativo, iniciado pola asociación cultural O Mural, para a declaración do mural de Urbano Lugrís ubicado na rúa Real da Coruña como ben de interese cultural (BIC) 

A solicitude formal para que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta declarese ben de interese cultural o mural foi presentado pola asociación o 28.06.2013. Ante a falta de resposta nos meses seguintes, O Mural solicitou unha entrevista coa responsable de este departamento, María del Carmen Martínez, para coñecer o estado do expediente. 

A reunión celebrouse en San Caetano o 16.12.2013 ás 13:00 horas e nela a directora xeral comunicou a asociación O mural que o informe técnico necesario era favorable polo que, a volta de Nadal, o DOGA publicaría a incoación do expediente administrativo para a declaración do mural como Ben de Interese Cultural. 

Trátase dunha noticia “excelente” xa que dende a publicación no DOGA o mural de Lugrís estará, por primeira vez, protexido pola lexislación. Así se recolle no artigo 10.3 da Lei do patrimonio cultural da comunidade autónoma de Galicia: 

  • A incoación dun expediente para a declaración dun ben de interese cultural determinará, respecto ao ben afectado, a aplicación inmediata e provisional do réxime de protección previsto na presente Lei para os bens xa declarados. No caso de bens inmobles, ademáis, será de aplicación o estipulado no artígo 35.1 da presente Lei. 

A Directora Xeral de Patrimonio valorou os argumentos e as fundamentacións da solicitude presentada, e recoñeceu que sen esta iniciativa liderada pola Asociación O Mural a Xunta de Galicia non tería dado este paso. 

Piden que el mural de Lugrís sea declarado bien de interés cultural.

La solicitud presentada a la Xunta incluye un estudio sobre su estado

Nueva iniciativa para salvaguardar el mural de Urbano Lugrís que se encuentra en la cafetería Vecchio de la calle Real. Esta vez procede de la asociación cultural O Mural, que «ven de presentar ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta en Santiago de Compostela unha solicitude para iniciar o expediente administrativo para a declaración de ben de interés cultural (BIC) do mural do pintor Urbano Lugrís ubicado no número 74 da rúa Real da Coruña». Esto anunciaron ayer desde la asociación cultural, argumentando que dicha declaración «suporía a garantía da máxima protección, xa que arestora a súa conservación depende da boa vontade dos propietarios e usuarios do inmoble», argumentan desde la entidad.

La solicitud presentada va acompañada de un estudio que detalla el estado del mural, trabajo que fue realizado en el año 2010 por el restaurador Daniel Pousa. La presentación de la solicitud ante los responsables de Patrimonio supone, según sus impulsores, «o inicio dunha senda que confiamos non se restrinxa unicamente ó mural do Vecchio». Además, esperan que se pueda ampliar este tipo de protección a otros murales que el artista dejó pintados en diversos lugares de Galicia, desde Malpica a Santiago o Vigo. Desde O Mural indicaron que «ante a falta de iniciativa política para iniciar este procedemento, cremos que a sociedade civil debe tomar a iniciativa e elixir a recuperación destes murais».

Esta no es la única iniciativa que ha puesto en marcha la asociación cultural O Mural, ya que además de la misma «seguirá colaborando coa asociación In Nave Civites na organización, un ano máis, do día Lugrís para reivindicar o legado de Lugrís, un océano máxico, cheo de historias e de misterios inmortalizados para sempre en debuxos, cadros e murais», un acto que incluye la visita a los principales murales de la ciudad.


 Urbano Lugrís: o mural no Vecchio
 
Semanas atrás prensa local informaba dos problemas de conservación do mural de Urbano Lugrís na cafetería Vecchio da rúa Real coruñesa.

Este pintor, do que xa vos teño dado conta en INICIARTE fantástico libro o Luis Rei Núñez "O señor Lugrís e a negra sombra"), ten bastantes murais en bares e igrexas da cidade. Foi un exdtraordinario pintor (o artista do mar), gran bebedor, probablemente mal marido e peor administrador das súas finanzas. Teño por el unha grande admiración. Mirade o estado do mural en cuestión.

Podemos apreciar as zonas sen pintura e que serán imposibles de recuperar.
 

Claramente aprécianse as pingas deixadas por unha taza con chocolate no mural.


É tan urxente a actuación sobre esta obra que mesmo conta cun grupo reclamándoa no Facebook.
(A recalada do mural) Recepción poética do mural "Vista da Coruña 1830, de Urbano Lugrís" que o Museo de Belas Artes exhibiu por vez primeira ao público o día 21 de decembro de 2013. O Colectivo In Nave Civitas Lugrís, encargouse un ano máis de darlle surrealismo e vida e lembranza ao IV día Lugrís na cidade barco.


Cultura e Educación pon en valor a obra de Urbano Lugrís a través do Museo de Belas Artes da Coruña
A institución cultural proporciona un novo emprazamento permanente ao mural, ‘Vista da Coruña 1830, que pintara o artista nunha vivenda de Madrid
Ven, 20/12/2013 - 20:44
‘Vista da Coruña 1830’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Museo de Belas Artes da Coruña, colabora na posta en valor de Urbano Lugrís coa apertura dun novo espazo especificamente deseñado para situar de xeito permanente o mural ‘Vista da Coruña 1830’ que o artista galego realizou no ano 1959 na casa madrileña dos seus familiares, os Lugrís-Muñoyerro.

A imaxe permaneceu no domicilio ata finais dos oitenta, no que foi doada polos irmáns Lugrís Alonso-Muñoyerro ao Ministerio de Cultura, que acordou o seu traslado ao Museo de Belas Artes. Esta institución museística foi a responsable da súa restauración, de xeito que o seu estado de conservación actual da peza pode cualificarse de moi bo. A obra reviste unha especial importancia ao tratarse dun dos poucos murais que se conservan en coleccións públicas e que vai a estar exposto dun xeito permanente.

‘Vista da Coruña 1830’

A obra, cunhas dimensións de cento vinte e un por douscentos vinte centímetros e realizada en temple sobre xeso, representa unha vista fabulada e en formato panorámico da cidade da Coruña, co aspecto que esta idealmente tería no ano 1830. A perspectiva urbana que se nos presenta corresponde á fachada portuaria, resaltando de forma onírica os elementos máis representativos: a Torre de Hércules ao fondo de cor rosa, a cidade vella con casas xeométricas de distintas cores, e a baía co Castelo de Santo Antón e, na súa contorna, distintas embarcacións.
Neste enlace pódese ver o mural:
http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=70&idc=2395

Fonte: http://www.edu.xunta.es/web/node/11404



 
O IV Día Lugrís comezará no Adro do Museo de Belas Artes da Coruña ás 18:00 horas. 
18:00-18:45 (No adro do Museo de Belas Artes da Coruña) xuntarémonos para decorar paraugas con motivos mariños e lugrisáns cos que logo percorreremos as rúas coruñesas.

19:00-19:45: (A recalada do mural) Recepción poética do mural de Urbano Lugrís "Vista da Coruñá 1830, de Urbano Lugrís" Que o Museo de Belas Artes exhibirá por vez primeira ao público ese día.

20:00-21:00 (Manifestación atlántica) Cos paraugas decorados abertos e desde o Museo de Belas Artes da Coruña a praza Sellier (Rúa Real, Obelisco, Cantóns. Rúa Estrela, Rúa Manteleria, Rúa Santo André e Praza Sellier) percorrendo algúns dos lugares da vida do gran artista do mar, visitando os murais que se conservan e o grafiti que fai un ano fixo Outón na rúa Manteleria.

21:00-22:00 (A habitación do vello mariño) Praza José Sellier: recital artísitico na memria do Noso Señor Lugrís.

Convídase a todas as persoas a participar en calquera ou todos os actos organizados para ese día.

Acudan cos seus paraugas, pinturas, buguinas, vieiras e o espíritu morno e mítico da obra de Urbano Lugrís.
Medre o mar!
 
Saúde e Oceáno!

Pasaban pola rúa Mantelería algo cansos e suorosos: e cando pasaron pola Estrela, viron unha formigoneira preto do mural de Outón e teméronse o peor.

Achegáronse ao sitio e viron o que indican as fotos, a destrucción case total do mural. Ana entrou, estivo falando cos obreiros, éstes lle pasaron ao móbil ao capataz (que lle comentou que lle dera moita pena ter que destruir a pintura de Outón para facer a obra) pero que nos cedería o único que se consevaba enteiro: a porta de ferro.

Despois de cargar con ela ata casa (vivan os teitos altos dalgunhas casas da Coruña) agora temos a porta na entrada .

Unha triste historia surrealista innavecivitiana!

Medre o mar!

O como di a nosa porta "e o Mar"

Ana e Ro

Da Galipedia, a Wikipedia en galego.

Urbano Lugrís González, nado na Coruña o 28 de xaneiro de 1908[1] e finado en Vigo o 23 de decembro de 1973, foi un pintor galego, fillo de Manuel Lugrís Freire, un dos fundadores da Real Academia Galega, e Purificación González, pianista de gran sensibilidade. Foi pai do tamén pintor Urbano Lugrís Vadillo.

Traxectoria

No seu contorno familiar aprenderá a amar a música, a gozar da lectura, a dominar a arte do debuxo, e a convivir con personaxes da cultura galega que influirán de forma importante na súa formación.
Desde neno sentiuse especialmente atraído polo mar azul da súa terra, no que decidirá mergullarse, facendo para sempre das súas augas e fonduras o seu lugar habitual de ensoñación.
A súa vida está chea dunha actividade creadora pouco común, que lle permitirá plasmar as súas inquedanzas artísticas en medios tan diversos como a poesía, o teatro, a pintura e incluso a arquitectura (Ermida do santuario dos Santos Reis, Bueu 1948-49).
Bohemio de vocación, mantivo unha intensa vida cultural no Madrid republicano a carón de figuras relevantes da época como Federico García Lorca, Rafael Dieste, Rafael Alberti ou Álvaro Cunqueiro, participando nas Misións Pedagóxicas como escenógrafo e guiñolista, e na publicación de revistas como Brétemas, da que foi o gran vertebrador.
De volta a Galiza seguirá movéndose en círculos literarios e pictóricos, dando renda solta a súa capacidade de gran falador; así tan pronto recitaba a un clásico facendo uso dunha memoria prodixiosa, como narraba unha das súas múltiples anécdotas coas que moitas veces foi fabulando a súa propia lenda.
Foi un gran ilustrador de libros e co seu labor de dirección e creación na revista Atlántida demostrou unha nova faceta do seu carácter: a súa capacidade de traballo.

Estilo

Pintor valente e rompedor. No seu estilo pictórico os críticos atopan semellanzas co metafísico Chirico, co surrealismo de Rene Magritte nas súas visións oníricas e con Patinir, O Bosco, e Brueghel no seu barroquismo das formas e a súa minuciosidade.
Dominou tódalas técnicas: óleo, serigrafías, collage, muralista, tinta chinesa sobre papel...
Tematicamente a súa obra está chea de referencias ó mundo céltico e as profundidades mariñas cunha composición escenográfica case constante.
Desde a morte da súa muller no 1961, Urbano Lugrís debaterase nun ir e vir de fondas depresións, máis entre unha e outra seguirá pintando coa mesma forza e riqueza imaxinativa que o caracterizou sempre, ata o mesmo ano da súa morte; nadal do 1973 na cidade de Vigo.

Recoñecemento

En 1997 organizouse a mostra máis ampla do pintor, Urbano Lugrís, Viaxe ao redor do meu mundo, comisariada por Rosario Sarmiento e Antón Patiño. Tivo lugar no Círculo de Belas Artes de Madrid e no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
Antón Patiño Pérez publicou o libro Urbano Lugrís: Viaxe ao corazón do océano (Ed. do Castro, 2007), que abrangue a vida, obra e lenda de Urbano Lugrís. Análise da súa pintura e do seu labor literario asinado co alcume de Ulyses Fingal ao través de relatos e poemas vencellados ao mundo do mar.
Luís Rei Núñez publicou O señor Lugrís e a negra sombra (Xerais, 2007), novela baseada nos últimos anos da vida do pintor.

Descuberta

A principios de decembro do 2008 foi descuberto nos baños dun restaurante da Coruña un mural seu durante as obras de reforma do local. A obra representa un reloxo de péndulo que marca as tres en punto e do que penduran dous chourizos, así coma a frase "Unha cunca de viño e faise o camiño". A autoría da obra foi confirmada "sen a máis mínima dúbida" polo seu fillo Urbano, [2].
































Lugrís

Lugrís