Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións
Este domingo 15 de maio temos unha cita coa poesía, coas lecturas dramatizadas, coa música o caldo e o churrasco. Temos unha cita, para pasaren unha estupenda xornada homenaxeando a Manuel María. Estades tod@s convidad@s! Acudide!
BANDO

Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licenza para voar.
Prohíbese á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas.
Prohíbese soñar de 10 a 11.
Pódese chorar tan só cando hai sequía
para que no fiquen baleiros os pantanos .
Un só se pode emocionar
os Xoves e Domingos
cando toca
a Banda do Concello no quiosco.
Están fora da Lei
as estrelas, a Primavera,
as flores e os paxaros.
Dase este bando en tal e cal
para que se cumpra
de orde do Alcalde.
Asinado, carimbado e rubricado.

Manuel María en Documentos persoaes, 1958

DISPOSICIÓN ADICIONAL (CON PERDÓN)


Convídase, por orde da Alcaldía
que veñan festexar
a obra do poeta popular,
o bo Manuel María.
O domingo día 15 ao mediodía
na praza de Sellier
con música, teatro e poesía
e caldo para xantar
(e algo de churrasco para despois).
Agradecemos gorxas espontáneas
que queran recordar
as verbas e a vida do poeta
fillo da Terra Chá.
Permítese a emoción malía no ter
prevista a presenza
da Banda do Concello neste acto.
Os risos e as bagoas
polo bardo,
o gran Manuel María,
exentos estarán
de taxas e demais contribucións.
Dáse esta Adicional
para que ben se cumpra
de orde do Alcalde
e outra sinatura,
outro carimbo
e unha rubrica máis.

A Coruña e maio, 2015



Co gallo do bicentenario do aforcamento do capitán Juan Díaz Porlier, o colectivo literario In Nave Civitas organizou unha serie de actos honoríficos o sábado, 3 de outubro, para conmemorar a loita en prol da liberdade levada a cabo por este militar,defensor sen concesións da constitución de 1812.


http://www.noticieirogalego.com/2015/09/in-nave-civitas-homenaxea-a-juan-diaz-porlier-no-bicentenario-do-seu-aforcamento/
O colectivo In Nave Civitas conmemorou onte os 200 anos da execución do heroe liberal que se rebelou contra o absolutismo de Fernando VII
O colectivo In Nave Civitas lembrou onte o ahorcamiento de Juan Díaz Porlier na praza de España, no mesmo lugar no que executaron ao mozo de 26 anos por opoñerse ao réxime absolutista de Fernando VII e tentar restaurar a Constitución de Cádiz. Onte cumpríronse 200 anos da morte do mariscal. A asociación congregouse na praza para conmemorar a súa execución cunha representación, pero tamén para gritar "viva a liberdade!".

Xurxo Souto lembrou que era "un mozo guapo, romántico, guerrilleiro" que foi enviado á prisión do Castelo de San Antón por rebelarse contra Fernando VII. Porlier conseguiu que lle concedesen un permiso para ir aos baños de Arteixo. En Pastoriza fraguou un levantamento militar contra o réxime que fracasou. Un dos seus oficiais traizoouno e entregouno aos absolutistas. "Foi un dos heroes da guerra da Independencia", destacou Xabier Maceiras, un dos membros do colectivo e estudioso do paso de Porlier por Arteixo. Moncho do Orzán foi o encargado de narrar a historia do heroe liberal. Fíxoo a modo de cantar de cego, recitando a súa vida e facendo soar un acordeón. "Cando o aforcaron aínda faltaban dez anos para que se inventase o acordeón", chanceou.

Unha das compoñentes de In Nave Civitas se enfundó o traxe do exército e escenificou a morte do mariscal. Camiño da forca levouna o oficial que o entregou. "Traidor, traidor!", exclamaron os asistentes ao acto. Tras a representación, a comitiva de Porlier partiu cara a Ordes para comer en Mesón de Deus, onde o mariscal foi retido cando ía camiño de Santiago. A súa idea triunfara na Coruña e Ferrol, pero non chegou á capital.
 Porlier, 200 anos despois
A cidade aínda lle lembra e, os que non o fagan, aprenderán que vida hai detrás da pedra con forma de home que hai no Campo dá Leña. O 3 de outubro, o colectivo In Nave Civitas representará o tráxico final do mariscal Juan Díaz Porlier, que morreu aos 27 anos na forca tras...

Estatua de Porlier no Campo dá Leña. Víctor echave.

A cidade aínda lle lembra e, os que non o fagan, aprenderán que vida hai detrás da pedra con forma de home que hai no Campo dá Leña. O 3 de outubro, o colectivo In Nave Civitas representará o tráxico final do mariscal Juan Díaz Porlier, que morreu aos 27 anos na forca tras ser arrestado por tentar, en 1815, restaurar a Constitución de Cádiz. A súa idea triunfou na Coruña e Ferrol, pero non chegou a Santiago. Pasaron douscentos anos e aínda non se sabe onde descansan os seus restos e é que, Porlier, ademais da matar, tamén foi condenado ao esquecemento, tras o seu intento de cambiar a historia

O colectivo In Nave Civitas recuperará a figura de Juan Díaz Porlier o 3 de outubro. Volverá ao Campo dá Leña, ao lugar no que foi aforcado e condenado ao esquecemento por tentar restaurar, en 1815 a Constitución de Cádiz.

Conta Teresa Ramiro, do colectivo organizador, que é unha maneira de darlle a coñecer á cidade a súa historia, de forma lúdica, con música, con teatro e ata con comida, xa que haberá unha pequena festa, a última hora da mañá do 3 de outubro no Campo dá Leña. Aínda que o programa non está aínda pechado, In Nave Civitas xa sabe que será Moncho do Orzán o encargado de narrar a historia deste heroe liberal con destino tráxico, pagando coa forca as súas ansias de cambiar a súa cidade para cambiar o mundo. Farao a modo de cantar de cego, recitando a vida de Porlier e estará acompañado polo tamén músico Xurxo Souto.

Tras a representación no Campo dá Leña, a comitiva de Porlier partirá ata Ordes, para comer en Mesón de Deus, onde o mariscal foi retido cando ía camiño de Santiago, co triunfo na Coruña e Ferrol xa ao lombo. Tiña 27 anos e trazara en Pastoriza e durante o seu peche no castelo de San Antón -onde levábanlle despois de ser detido en Madrid- un plan para volver instaurar o réxime liberal.

O relato daquel setembro de 1815 é sabido como un dos capítulos históricos máis importantes da cidade. Juan Díaz Porlier deu un golpe de man en Pastoriza e dirixiu un levantamento, tras triunfar na Coruña e Ferrol trasladou ao Concello coruñés tres esixencias básicas: que fixese pública a proclama de restauración do réxime liberal, "dous mil racións de carne" para as tropas sublevadas e mostras oficiais de alegría con luces e repique de campás.

A súa vitoria truncouse ao ser apresado e sometido a un xuízo sumarísimo. Entón, foi aforcado. Durante o Trienio Liberal (1820-1823), a cidade -que non esquecera que se sentiu vencedora grazas a Porlier-, recuperou as cinzas e, o 4 de maio de 1920, veciños -moitos liberais, como o finado mariscal- queimaron no Campo dá Leña unha reprodución da forca que segara a vida do sublevado. "Pola liberdade santa nel deu o heroico Porlier o seu último alento", chegou a dicir unha nena das que asistiu ao cortexo de reparación, segundo recolle a prensa da época.

A cidade lembroulle e volverá facelo o 3 de outubro, aínda que douscentos anos despois da súa morte, ninguén sabe onde descansan os restos de Porlier. A prensa local recolleu en novembro de 1947 que se acharon restos humanos mentres se realizaban os traballos de desmonte do terreo da capela de San Roque, que foi derruida ese ano, e especulábase con que pertencesen a Porlier. A documentación, con todo, deixa testamento de que o destino do falecido puido ser outro.

Aínda que as súas cinzas foron trasladadas á capela de San Roque, un libro de actos condena ao esquecemento ao mariscal, segundo recolle a publicación O cemiterio de San Amaro: memoria de dous séculos. "Ofíciese ao señor Xuíz Eclesiástico para que as ordes oportunas para que as cinzas de Porlier que se achan na capela de San Roque sexan trasladadas ao Cemiterio Xeral (San Amaro), desfacéndose de calquera monumento ou epitafio que lembre á súa memoria", di o documento. A partir de aí, é unha incógnita o paradoiro dos restos de Porlier.

Os organizadores do acto apuntan a que a comida en Mesón de Deus está aberta aos que queiran asistir. O prezo do menú será de 20 euros e terá como prato principal o cocido. A reunión estará amenizada por Xurxo Souto e Moncho do Orzán, que levarán os seus instrumentos a este encontro.

O colectivo In Nave Civitas honra a memoria de Juan Díaz Porlier

O mesón de Deus, en Ordes, acollerá unha cea o día 3 como homenaxe ao militar

Ordes. O colectivo literario In Nave Civitas organiza unha serie de actos honoríficos o vindeiro sábado, día 3, co gallo do bicentenario do aforcamento do capitán Juan Díaz Porlier para "conmemorar a loita en prol da liberdade levada a cabo por este militar, defensor sen concesións da constitución de 1812", indican. A celebración terá lugar en dous escenarios: A Coruña e Ordes.

Na praza de España da cidade coruñesa nesa xornada ás 13.00 horas recrearase o aforcamento do homenaxeado. Neste lugar, actualmente existe unha estatua de Porlier, onde se executou en 1815. O acto incluirá a queima do cadafalso. Estarán os escritores Xavier Maceiras e Jacobo Ríos, Moncho do Orzán interpertará un cantar de cego, integrantes de In Nave Civitas lerán algún dos seus poemas e posteriormente todos participarán nun xantar colectivo. O acto finalizará cun pequeño recital na Pastoriza. 

Saúde e Océano! 
Despois da fermosa singradura do V día Lugrís, tedes aquí o video reportaxe de tan festiva e agradábel xornada:






Que teñades tod@s unha boísima saída do 2014 e,
 unha marabillosa entrada e próspera e saudábel estancia no ano 2015.
Medre o Mar!


V DÍA LUGRÍS

20 DE NADAL DE 2014


17:00 A ARRIBADA DO GRAFITI
(Praza José Sellier)

Solemne e lírica inauguración do grafiti que recrea unha obra de Urbano Lugrís na Praza de José Sellier, cerna da Coruña lugrisá.

Seguido do tradicional

OBRADOIRO DE PARAUGAS PINTADOS
(Praza José Sellier)

Xuntarémonos para decorar os nosos paraugas con motivos mariños e lugrisáns cos que logo percorreremos as rúas coruñesas.

(Que cada quen leve o seu paraugas, as súas pinturas e toda a súa imaxinación)


17:45 MANIFESTACIÓN ATLÁNTICA E SURREAL
(Praza de José Sellier-Xardín de San Carlos)

Cos nosos paraugas pintados e unha serpe mariña  seguiremos as alancadas diurnas e nocturnas do pintor do mar até atoparnos con a outra metade de Ulyses Fingal: Antón Avilés de Taramancos.

18:30    RECREACIÓN DO INTRE NO QUE ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS COÑECEU A URBANO LUGRÍS.
(Xardin de San Carlos)

Coa participación de todo o público asistente e Anxo Angueira.
 
18:45 MANIFESTACIÓN ATLÁNTICA E SURREAL (continuación)
(Xardín de San Carlos – Praza do Papagaio)

Segunda parte da marcha na que chegaremos até o Papagaio, seguindo os cantos de tritóns e sereas.

19:30 A HABITACIÓN DO VELLO MARIÑO
(Monty Ambigú)

Recital poético mariñeiro na memoria e honra do Noso Señor Lugrís polos vates mareiros Manuel O'Rivas, Serafín Mourelle e Xosé Iglesias.

  
Todos os actos deste V día Lugrís son abertos.

 Prégase que quen a tivera acuda cunha corna mariña para axudar a encher de sons atlánticos esta xornada e invitamos a  que participedes nos actos disfrazados dalgunha das personaxes dos cadros do gran pintor sur-marino. 
 
Benquerid@s mareantes!

Como todos os anos por estas datas o colectivo literario In nave civitas, a asociación cultural O Mural e a asociación de escritoras e escritores en lingua galega estamos organizando o Día Lugrís no que celebraremos na Coruña a pintura e a poesía de Urbano Lugrís.

Entre outros actos este ano queremos deixar para tod@s @s que pasen pola Coruña un grafiti cunha das obras do pintor do mar para o que xa temos todo preparado.

O mural estará na parede medianeira -hoxe baleira- de praza de José Sellier, cerna da Coruña lugrisán.

O custo orzamentado para este grafiti (artistas, pinturas, permisos, taxas, seguros, etc...) é de 1.200 €.

Os andamios non engordan o orzamento porque grazas a xestión de MAS arquitectura prestóunolos a empresa Desarrolla.

Queremos solicitar a vosa colaboración económica para poder levar adiante esta obra.

Podedes ingresar os cartos na seguinte conta corrente de ABANCA:



IBAN ES30 2080 3103 1430 0002 3625

Non hai unha cantidade mínima para a achega e para facilitar as cousas en breve os informaremos de algúns locais nos que disporemos de petos para recoller aportacións.

Tod@s aquel@s que contribuádes poderedes -se queredes- ver o voso nome ao pé do grafiti. Deixalo claro no concepto da transferencia ou nun sobre ao facer a achega nun dos petos.

Nas páxinas web de In nave Civitas (http://innavecivitaslugris.blogspot.com.es/) e  O Mural (http://www.omural.es/) publicaremos os cartos acadados e o destino que lles damos para que tod@s poidades comprobalo.

Como sabemos que tedes xenerosidade abonda e imos conseguir máis cartos dos precisos comprometémonos con vós a destinar o sobrante para a organización do VI día Lugrís (2015), máis concretamente para financiar novos grafitis lugrisáns o de inspiración mareira para a cidade da Coruña.

Grazas pola vosa colaboración e pregámosvos que difundades esta iniciativa para poder levar a cabo esta intervención cultural cidadá.
Medre o mar!

 
O IV Día Lugrís comezará no Adro do Museo de Belas Artes da Coruña ás 18:00 horas. 
18:00-18:45 (No adro do Museo de Belas Artes da Coruña) xuntarémonos para decorar paraugas con motivos mariños e lugrisáns cos que logo percorreremos as rúas coruñesas.

19:00-19:45: (A recalada do mural) Recepción poética do mural de Urbano Lugrís "Vista da Coruñá 1830, de Urbano Lugrís" Que o Museo de Belas Artes exhibirá por vez primeira ao público ese día.

20:00-21:00 (Manifestación atlántica) Cos paraugas decorados abertos e desde o Museo de Belas Artes da Coruña a praza Sellier (Rúa Real, Obelisco, Cantóns. Rúa Estrela, Rúa Manteleria, Rúa Santo André e Praza Sellier) percorrendo algúns dos lugares da vida do gran artista do mar, visitando os murais que se conservan e o grafiti que fai un ano fixo Outón na rúa Manteleria.

21:00-22:00 (A habitación do vello mariño) Praza José Sellier: recital artísitico na memria do Noso Señor Lugrís.

Convídase a todas as persoas a participar en calquera ou todos os actos organizados para ese día.

Acudan cos seus paraugas, pinturas, buguinas, vieiras e o espíritu morno e mítico da obra de Urbano Lugrís.
Medre o mar!


 Vista da Coruña,1830, de Urbano Lugrís.
(Trátase dun mural que o pintor do mar fixo nunha parede dun piso duns familiares seus en Madrid. Cando estes venderon o piso tiveron a sensibilidade e xenerosidade de doarlo e hoxe está no depósito do Museo de Belas Artes da Coruña. O 21.12.2013 despois do traballo necesario para poder exhibirlo ao público o Museo o presentará en sociedade por vez primeira dentro das actividades do IV día Lugrís. — en Museo De Belas Artes Da Coruña.)
O colectivo In Nave Civitas Lugrís e a asociación cultural O mural celebran o IV Día Lugrís para lembrar e honrar a memoria do Noso Señor Urbano Lugrís:

Programa:
(Aínda provisional en canto ás horas)

18:00-18:45 (No adro do Museo de Belas Artes da Coruña) xuntarémonos para decorar paraugas con motivos mariños e lugrisáns cos que logo percorreremos as rúas coruñesas.

19:00-19:45: (A recalada do mural) Recepción poética do mural de Urbano Lugrís "Vista da Coruñá 1830, de Urbano Lugrís" Que o Museo de Belas Artes exhibirá por vez primeira ao público ese día.

20:00-21:00 (Manifestación atlántica) Cos paraugas decorados abertos e desde o Museo de Belas Artes da Coruña a praza Sellier (Rúa Real, Obelisco, Cantóns. Rúa Estrela, Rúa Manteleria, Rúa Santo André e Praza Sellier) percorrendo algúns dos lugares da vida do gran artista do mar, visitando os murais que se conservan e o grafiti que fai un ano fixo Outón na rúa Manteleria.

21:00-22:00 (A habitación do vello mariño) Praza José Sellier: recital artísitico na memria do Noso Señor Lugrís.

Convídase a todas as persoas a participar en calquera ou todos os actos organizados para ese día.

Acudan cos seus paraugas, pinturas, buguinas, vieiras e o espíritu morno e mítico da obra de Urbano Lugrís.

Medre o mar!





"O Berro Mollado" de Pablo Outón. O sábado 22 de decembro no III Día Lugrís, formando parte do colectivo In Nave Civitas Lugrís nunha "cuchipanda lugrisiá". 
"Menos derrotismo e máis surrealismo"
 Os espíritos de Antón Avilés de Taramancos e Urbano Lugrís estiveron con nós toda a fermosa xornada vivida. Toda unha homenaxe Grafiteira e cantareira e surrealista no centro dos pasadelos da cidade barco A Coruña.



Xanrei, por Roberto da Librería Sisargas

(Debuxo inspirado no tango de José Biobardi)



Habitación do vello mariñeiro
Bar Borrazás (rúa do Orzán, A Coruña)


Presentación atlántica (e mundial) d´A marea no Xanrei do tanguero -probablemente coruñés- José Biobardi. Música: Xurxo Souto. Intéprete: Nacho López.


A MAREA NO XANREI

Eu varado no Xanrei
agardo por miña amada,
baixo a luz do albor,
nesta rocha fronteiriza
entre o meu mundo e o seu
na que vivimos os dous
unha hora cada día,
unha pinga no eterno,
antes de saír o sol.
Na que bailamos ben xuntos
e nos amamos a modo
antes de saír o sol.

Retrouso:

Sube coa lúa
a melancolía
preamar ás oito
-anunciaba o diario.
A máis afouta onda
móllame o corazón
móllame o corazón
que se torna pesado.

Ninguén aprobou o noso,
advertíronnos ben cedo
que cerca estaba o final:
"Nunca un home mariño
e unha mariscadora
xuntos poderán vogar!"
Pero todos estes meses
de soñar e bailar xuntos
foron quen de me enganar
crin que dúas vontades
lonxe de todo prexuizo
poden vaciar o mar.

(Retrouso)


Onte non veu á cita
e a ausencia sen aviso
confirmoume o peor
que o seu bico doutro día,
un trebón nas nosas bocas,
anunciábame o adiós,
o naufraxio das linguas,
o pique da miña vida,
a quebra do corazón,
o afundimento de todo
o garete das palabras
a deriva do aló.

(Retrouso)

Grazas ao esforzo e teima do noso compañeiro do Colectivo In Nave Civitas Lugrís Rodrigo Osorio podemos disfrutar hoxe en día deste Tango galego tan pegadizo.

Rodrigo Osorio:

José Biobardi foi un coñecido cantante de tangos bonaerense que na década dos vinte competiu en xusta lid con Gardel polo cetro de rei do tango, a súa querencia pola bohemia e o hampa, e o seu nulo control das súas máis baixas pasións fixerónlle ser moito mellor cantante, autor e intérprete que Carlitos pero menos de fiar para as compañías discográficas, polo que hoxe é un descoñecido do que só disfruta un selecto grupo de melómanos sibaritas.

Biobardi morreu, como non podía ser doutro xeito, nunha liorta nun modesto lupanar, hoxe visitado por moitos dos seus seareiros.

Aquilino Fernández Artelo no breve ensaio As orixes galegas do tango (Imprenta de la Universidad Nacional de Buenos Aires, 2003). sostén que “Biobardi” era un falso apelido pseudo italián que usou un inmigrante coruñés, Xosé Falperra, como nome artístico na escea porteña. Baseaba a súa tese no falso lunfardo que adoitaba empregar Biobardi nas súas letras, plagado de galeguismos (por exemplo o “asiña”, empregado na súa coñecida milonga “Tango y medio”), na testemuña dalgún dos seus veciños e no ruxerruxe de que José levaba tatuada unha Torre de Hércules no peito.

O número 17 da revista arxentina A media luz ven de publicar A marea no Xanrei, de José Biobardi con este texto explicativo das circunstancias do seu achado:

O texto que hoxe publicamos apareceu escrito no reverso dunha factura de alugueiro dentro dun exemplar de Romancero gitano cheo de anotacións feitas pola man do gran tanguista José Biobardi. A lingua na que está escrito é, como saberán a maioría dos nosos lectores, galego o que semella confirmar as recentes teorías sobre a orixe española do célebre tanguista, (...)

A aparición destes versos semella confirmar (como di o redactor de A media luz) a hipótese defendida por Fernández Artelo. O tanguista escribía as cancións primeiro en galego e logo as vertía ao español deixando algunhas verbas da súa lingua materna que pasaron, por obra e graza da sona que os seus temas tiveron no seu tempo, ao lunfardo. A referencia ao Xanrei so pode confirmar a súa orixe coruñesa pois ise e o nome dun dos cons máis saudosos da costa da Coruña.



 





Increible actuación e sorpresa no día da Acción Lugrís no Borrazás, (café moi querido por Lugrís no seu tempo) cando Xurso Souto nos agasallou a tódolos compoñentes do Colectivo Poético Musical  e Narrativo "IN NAVE CIVITAS LUGRÏS" na cidade barco de A Coruña. Unha actuacion onde lle pon música a un poema de Teresa Ramiro,  compañeira nosa, poeta e mariscadora na ría do Burgo.

Todo foi moi mocionate!

  A RABALEIRA         

Sobre a pedra de A Rabaleira
deslizan seus sonhos ,os percebeiros,
sombras dunha esperanza que se quebra
coma a onda na crista dos rochedos.
Coiteladas de vida
coiteladas de sal !...

Rabaleira ti es pedra ,eles son carne,
terra e vento ,inmersos no mesmo mar.
Sobre o teu ventre fecundo brincan
enchendo de vida o cesto dos sonhos.

Coiteladas de vida
coiteladas de sal !...

Con sorrisos de escuma mordendo con furia,
sedento de sombras , en doce cantiga,
vestindo de lágrimas un berro amargo,
o mar os arrola ,roubándolles a vida.

Coiteladas de vida
coiteladas de sal!...

NO MAR CRECERÁN SEMPRE ROSAS.

Teresa Ramiro (mareabaixa@yahoo.es)










Colectivo In Nave Cívitas Lugrís, no día de Urbano Lugrís, día da Acción Lugrís no Borrazás, (café moi querido por Lugrís no seu tempo) nunha cuchipanda lugrisiá comandada por Xurxo Souto, cos espíritos de Antón Avilés de Taramancos, Urbano Lugrís e Álvaro Cunqueiro.
Lemas máis coreados foron:

"Océano"

"Oooooorrrrrzáaaannn"
"Oooooorrrrrzáaaannn"
"Oooooorrrrrzáaaannn"

"Medre o Mar"

"Menos derrotismo e máis surrealismo"

"Coiteladas de vida, coiteladas de sal"


  Urbano Lugrís
 20:00 horas. Ao pé do obelisco.










Ao son da gaita e o tambor debuxamos nos nosos paraugas motivos mariños para lucir na manifestación atlántica que nos levou atá o lugar no que Urbano Lugrís tivo o seu estudio (Rúa da Estrela).

Os siareiros do pintor sur-marino manifestámonos aos gritos de

“O que pintou a marola, pintou a mar toda!”

“Menos derrotismo e máis surrealismo!”

Unha manifestación a favor que foi recibida polas terrícolas e os terrícolos con acenos de asombro.



20:30 horas. Camarote submarino.





Na rúa da mantelería, Pablo Outón rematou o seu frustrado grafite do ano pasado nunha das paredes que pechaba o estudio no que Urbano Lugrís pintou moitas das obras das que tanto gustamos.

No 2011 cando estaba pintando a policía do Concello retiroulle o materia e a pintura quedou a medias. Este ano, xa con licenza municipal, a rúa de Mantelería conta cun novo grafite.


(Pablo Outón retoca o grafite mentras entoa o berro mollado) 
 
Despois da cea pasamos a ver o grafite e Outón dixo: "As pinturas, como ás mulleres, hai que velas de día!” 

A mañá seguinte a obra estaba así:





21:00 horas. A habitación do vello mariñeiro.



Acto poético do colectivo In nave civitas no bar Borrazás (rúa do Orzán)



Xosé Iglesias:

TRANSFUSIÓN OCEÁNICA

Eu, creo que sou humano reconvertido,
e sinto, que nalgún momento
sufrín transfusión oceánica,
porque esta sangue do meu corpo
non é sangue, é sangue salgada.
Sinto tamén que sufrín metamorfose,
non é nariz a miña senón proa,
non son brazos os meus senón amuras
e as miñas costelas cadernas…
Todo min forma un esqueleto naval.
E esa barriga que se afunde no mar
estabilidade contras as ondas de costado.
Son humano, son barco, son tantas cousas.....
Eu, creo que son árbore, porque sempre me chove,
sempre me venta, sempre me dá o sol.
tamén creo que sou paxaro, porque os peixes
venme   voar   entre  as  ondas, e subo, baixo,
fago  siluetas acrobáticas ou  simplemente voo raso.
Así me ven, un paxaro voando no océano…
Miran cara enriba, e alí estou coa proa,
as amuras, a popa, a barriga, o eixe…
Eu son mariñeiro,  e  o mar móllame   a  alma,
salinízame e golpéame o corazón.
e eu, non podo  facer máis nada,
senon  ser   árbore,  ser barco,  ser  paxaro...
en serio,  nada podo  facer,

NADA, PORQUE MARIÑEIRO SOU.

Teresa Ramiro:

Se queres escrever este país, aprende primeiro a lé-lo
Mía Couto

A RABALEIRA

Sobre a pedra de A Rabaleira
deslizan seus sonhos ,os percebeiros,
sombras dunha esperanza que se quebra
coma a onda na crista dos rochedos.
Coiteladas de vida
coiteladas de sal !...

Rabaleira ti es pedra ,eles son carne,
terra e vento ,inmersos no mesmo mar.
Sobre o teu ventre fecundo brincan
enchendo de vida o cesto dos sonhos.

Coiteladas de vida
coiteladas de sal !...

Con sorrisos de escuma mordendo con furia,
sedento de sombras , en doce cantiga,
vestindo de lágrimas un berro amargo,
o mar os arrola ,roubándolles a vida.

Coiteladas de vida
coiteladas de sal!...

NO MAR CRECERÁN SEMPRE ROSAS.

Destes versos tirou unha música Xurxo Souto que interpretou por vez primeira ese día.




Xurxo Gago recitou O Grelle, un poema que naveraría centos de millas  no interior dunha botella para chegar a unha praia de Irlanda, pero iso é outra historia.
 Xurxo Gago:

O GRELLE

Baixo o ceo do atlántico
un pequeno recuncho resgardado
tralos meixóns do Gancho,
O Grelle, co seu areal dourado.
Augas verdes, fitoplacton,
diversidade de fauna e flora
nun mundo máxico mergullado
de centolas e de gorgonias,
de nudibranquios e de esponxas,
somerxido lenzo debuxado
pola natureza benfeitora
nun atraente lugar enfeitizado.
Teno escrito na súa historia,
aqueles tempos de paga e cobra,
do pagadoiro do fielato,
e os consumeiros noutrora,
naqueles tempos do pasado,
mercadorías e manobras
cobradores entregaban robras
e O Grelle teno gravado.
Neste recuncho resgardado
dos ventos recollido
vese un mundo ven pintado
de fortes cores moi vivos.
É O Grelle refuxiado,
na cidade dos sentidos,
na Coruña, cidade barco
a dos futuros soños cumpridos.


Logo, Serafin Mourelle, patron do mar de Irlanda, recitou dos poemas que ainda non se puideron recuperar para incorporar a esta crónica.



Manuel Rivas uniuse ao acto e recitou:

MEU AMOR CONTRABANDISTA

Meu amor anda ás crebas pola beiramar.
Vai preñada de vento,
vai preñada de néboa,
do lóstrego vai,
todo o apaña
apáñao todo
coa luz beatísima do seu vesgo ollar.
O ben que se leva co temporal,
como o amansa,
24 fotogramas por minuto,
a dureza mística,
a luz facinorosa
do seu pestanexar.
E el dálle zapatos sempre do mesmo pé,
o andar dos deuses coxos do mar.
Meu amor enche o ventre
de seixos silábicos,
de runas, de aghoams,
de voces baixas,
pictogramas coprófagos
que crían nos excrementos da lúa.
Meu amor anda ás crebas pola beira da esfera,
nas estradas solitarias,
no ceo dos manequíns
onde rompen as nubes,
nos cemiterios dos pingüíns xigantes
cos seus portafolios de naturezas mortas.
Vai preñada por dentro,
cara dentro,
como unha guía en tempo de éxodo.
Ese ollar delincuente,
ese corpo de contrabandista de seda,
esa voz rouca.
Durmía cos ollos abertos meu amor.
Non sei vivir
sen o rumor do seu vesgo ollar.
Meu amor anda ás crebas na noite.
Apaña os restos aleixados
do ben e do mal,
un cargamento ultramarino de esdrúxulas,
un fardo de cousas septiformes,
o contedor de frascos de potencias da alma.
Veni Sancte Spiritus,
meu amor atopou ao bébedo Xonás.
Meu amor di que Xonás era el o gran peixe.
Xonás preñado de seu,
de abismo.
Meu amor funde os pés na area,
leva no ventre un arfar canso de nai virxe,
un canto de gorxa inuit,
o nome impronunciábel do mesmo temporal.
Meu amor vai parindo de pe
o poema da illa.
Cercada polas ondas,
o corpo aberto,
a ollada fértil,
as mans vesgas
a amasar,
a levedar o tempo petrificado.
Et tui amoris in eis ignem accende
and kindle in them the fire of thy love.
Meu amor enténdese co mar,
ese fillo de puta,
meu amor.



Epílogo: A cea coruñesa. (Cosmoba, rúa do Orzán)


O noso señor Lugrís inventou o que deu en chamar o "menú tradicional coruñés" que de acordo coas testemuñas consistía en:
- Tortilla de longueiróns de Bastiagueiro - Faneca de pilo (de Riazor) - Ternera lardeada con pementos de Betanzos - Sobremesas: canas con limón e canela, papas de arroz á vainilla e queixo de Texeiro. - Viños do Ribeiro, tinto er blanco, e agudelo de Betanzos. - Café e licores. - Farias da fábrica de tabacos da  Coruña

Ante as imposibilidades física (moitos dos produtos xa non existen nin os nosos estómagos serían quen de soportar a inxente cantidade de comida) de reproducir a mítica cea coruñesa que argallou Lugrís, Xurxo Souto encargou aos do Cosmoba unha cea mariñeira digna do noso señor Urbano Lugrís.



Como proba os dous platos principais:





O postre foi unha contundente larpeira cuberta de chiculate.

Comida, viño, música e ledicia... Que mellor xeito de celebrar a obra de Urbano Lugrís?







E -como di o noso capitán (Xurxo Souto)- para rematar... Que continúe!



Medre o mar!

Coiteladas de vida! Coiteladas de sal!

Lugrís

Lugrís