Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís

Mural Lugrisián. V Día Lugrís.

 
Benquerid@s mareantes!
Como todos os anos por estas datas o colectivo literario In nave civitas, a asociación cultural O Mural e a asociación de escritoras e escritores en lingua galega estamos organizando o Día Lugrís no que celebraremos na Coruña a pintura e a poesía de Urbano Lugrís.
Entre outros actos este ano queremos deixar para tod@s @s que pasen pola Coruña un grafiti cunha das obras do pintor do mar para o que xa temos todos preparada. O mural estará na parede meidaneira hoxe baleira da praza de José Sellier, cerna da Coruña lugrisán.
O custo orzamentado para este grafiti (artistas, pinturas, permisos, taxas, seguros, etc...) é de 1.200 €.Os andamios non engordan o orzamento porque grazas a xestión de MAS arquitectura prestóunolos a empresa Desarrolla.
Queremos solicitar a vosa colaboración económica para poder levar adiante esta obra.
Podedes ingresar os cartos na seguinte conta corrente de ABANCA:
IBAN ES30 2080 3103 1430 0002 3625
 
Non hai unha cantidade mínima para a achega e para facilitar as cousas en breve os informaremos dalgúns locais nos que disporemos de petos para recoller aportacións.
Tod@s aquel@s que contribuádes poderedes se queredes ver o voso nome ao pé do grafiti. Deixalo claro no concepto da transferencia ou nun sobre ao facer a achega nun dos petos.
Nas páxinas web de In Nave Civitas (http://innavecivitaslugris.blogspot.com.es/) e O Mural (http.//www.omural.es/) publicaremos os cartos acadados e o destino que lles damos para que todos poidades comprobalo.
Como sabemos que tedes xenerosidade abonda e imos conseguir máis cartos dos precisos comprometémonos con vós a destinar o sobrante para a organización do VI día Lugrís (2015) para financiar novos grafitis lugrisáns o de inspiración mareira para a cidade da Coruña.
Grazas pola vosa colaboración e pregámosvos que difundades esta iniciativa para poder levar a cabo esta intervención cultural cidadá.
Medre o mar!

0 comentarios :

Publicar un comentario

Lugrís

Lugrís