coordinado e conducido por Xurxo Gago.
Amosando publicacións coa etiqueta José Biobardi b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta José Biobardi b>. Amosar todas as publicacións
Xanrei, por Roberto da Librería Sisargas
(Debuxo inspirado no tango de José Biobardi)
Habitación do vello mariñeiro
Bar Borrazás (rúa do Orzán, A Coruña)
Presentación atlántica (e mundial) d´A marea no Xanrei do tanguero -probablemente coruñés- José Biobardi. Música: Xurxo Souto. Intéprete: Nacho López.
A MAREA NO XANREI
Eu varado no Xanrei
agardo por miña amada,
baixo a luz do albor,
nesta rocha fronteiriza
entre o meu mundo e o seu
na que vivimos os dous
unha hora cada día,
unha pinga no eterno,
antes de saír o sol.
Na que bailamos ben xuntos
e nos amamos a modo
antes de saír o sol.
Retrouso:
Sube coa lúa
a melancolía
preamar ás oito
-anunciaba o diario.
A máis afouta onda
móllame o corazón
móllame o corazón
que se torna pesado.
Ninguén aprobou o noso,
advertíronnos ben cedo
que cerca estaba o final:
"Nunca un home mariño
e unha mariscadora
xuntos poderán vogar!"
Pero todos estes meses
de soñar e bailar xuntos
foron quen de me enganar
crin que dúas vontades
lonxe de todo prexuizo
poden vaciar o mar.
(Retrouso)
Onte non veu á cita
e a ausencia sen aviso
confirmoume o peor
que o seu bico doutro día,
un trebón nas nosas bocas,
anunciábame o adiós,
o naufraxio das linguas,
o pique da miña vida,
a quebra do corazón,
o afundimento de todo
o garete das palabras
a deriva do aló.
(Retrouso)
Grazas ao esforzo e teima do noso compañeiro do Colectivo In Nave Civitas Lugrís Rodrigo Osorio podemos disfrutar hoxe en día deste Tango galego tan pegadizo.
Rodrigo Osorio:
José Biobardi foi un coñecido cantante de tangos bonaerense que na década dos vinte competiu en xusta lid con Gardel polo cetro de rei do tango, a súa querencia pola bohemia e o hampa, e o seu nulo control das súas máis baixas pasións fixerónlle ser moito mellor cantante, autor e intérprete que Carlitos pero menos de fiar para as compañías discográficas, polo que hoxe é un descoñecido do que só disfruta un selecto grupo de melómanos sibaritas.
Rodrigo Osorio:
José Biobardi foi un coñecido cantante de tangos bonaerense que na década dos vinte competiu en xusta lid con Gardel polo cetro de rei do tango, a súa querencia pola bohemia e o hampa, e o seu nulo control das súas máis baixas pasións fixerónlle ser moito mellor cantante, autor e intérprete que Carlitos pero menos de fiar para as compañías discográficas, polo que hoxe é un descoñecido do que só disfruta un selecto grupo de melómanos sibaritas.
Biobardi
morreu, como non podía ser doutro xeito, nunha liorta nun modesto
lupanar, hoxe visitado por moitos dos seus seareiros.
Aquilino
Fernández Artelo no breve ensaio As orixes galegas do tango
(Imprenta de la Universidad Nacional de Buenos Aires, 2003). sostén
que “Biobardi” era un falso apelido pseudo italián que usou un
inmigrante coruñés, Xosé Falperra, como nome artístico na escea
porteña. Baseaba a súa tese no falso lunfardo que adoitaba empregar
Biobardi nas súas letras, plagado de galeguismos (por exemplo o
“asiña”, empregado na súa coñecida milonga “Tango y
medio”), na testemuña dalgún dos seus veciños e no ruxerruxe de
que José levaba tatuada unha Torre de Hércules no peito.
O
número 17 da revista arxentina A media luz ven de publicar A
marea no Xanrei, de José Biobardi con este texto explicativo das
circunstancias do seu achado:
O
texto que hoxe publicamos apareceu escrito no reverso dunha factura
de alugueiro dentro dun exemplar de Romancero gitano cheo de
anotacións feitas pola man do gran tanguista José Biobardi. A
lingua na que está escrito é, como saberán a maioría dos nosos
lectores, galego o que semella confirmar as recentes teorías sobre a
orixe española do célebre tanguista, (...)
A
aparición destes versos semella confirmar (como di o redactor de A
media luz) a hipótese defendida por Fernández Artelo. O tanguista
escribía as cancións primeiro en galego e logo as vertía ao
español deixando algunhas verbas da súa lingua materna que pasaron,
por obra e graza da sona que os seus temas tiveron no seu tempo, ao
lunfardo. A referencia ao Xanrei so pode confirmar a súa orixe
coruñesa pois ise e o nome dun dos cons máis saudosos da costa da
Coruña.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)
Lugrís
Acerca de min
Publicacións populares
-
No Museo de Belas Artes da Coruña pódese ver o mural "Vista da Coruña, 1830"; unha obra que Lugrís pintou na parede da casa dun ...
-
A asociación O Mural logra que a Xunta inicie os trámites para declarar BIC o fresco do Vecchio Ana Badía y Marcos Samaniego, dirixe...
-
Estades todo@s convidad@s á Manifestación Atlántica pro Urbano Lugís na Cidade Barco, A Coruña que terá lugar o vindeiro mércores día 3 de...
-
O GRELLE Baixo o ceo do atlántico un pequeno recuncho resgardado tralos meixóns do Gancho, O Grelle, co seu areal dourado. Aug...
-
antón aviles de taramancos e urbano lugrís: unha amizade marítima ...
Categorias
"Visión da Coruña
1830"
A Arribada
A Buserana
A Coruña
A Coruña das Irmandades da Fala
A Marea no Xanrei
A Nosa Terra
A Pedra do Altar
A Penela
A Perdiz
A Rabaleira
A. C. Roxín Roxal
Acceso á Beleza
Actividades
Actos
AELG
Aforcamento
Álvaro Cunqueiro
Antón Aviles de Taramancos
Arteixo
As Pedras da Torre
Asociación O Mural
Balada de Los Mares del Norte
Borrazás
Cartaz
Castelo Santa Cruz
Cea Lugrisiá
Celebracións
Chamamentos
Cidade Barco
Colectivo In Nave Civitas Lugrís
Conmemoración
Cultura
Editora Alvarellos
El Ideal Gallego
Encontro Taramancos - Lugrís
Eventos
Experimento Literario
Feira do Libro
Ferrol
Fundaçom Artabria
Galicia
Galipedia
Grafiti
Historia
Homenaxe
III Día Lugrís
Inauguración Mural Lugrís
IV Día Lugrís
José Biobardi
Libro
Lugrís (Ben de Interese Cultural) BIC
Maca Silva
Mágoa
Malpica
Manifestación Atlántica
Manuel María
Mariscal Juan Díaz Porlier
Message in a bottle
Milucho Mariñas
Moncho do Orzán
Monty ambigú
Mural Lugrís
Museo Belas Artes Coruña
Museo de Belas Artes
Música
Nacho López
Nota de Prensa
Novas Prensa
O Berro Mollado
O Grafitti de Outón
O Grelle
O Vecchio
Obradoiro
Os Contos do Mar de Irlanda
Pilar Pérez
Poesía
Praza Sellier
Programa Especial Urbano Lugrís
Rapsodia ao Pintor do Mar
Recital Poético
Recital Poético Salgado
Réquiem por Urbano Lugrís
Rodrigo Osorio
Roteiro
Sermos Galiza
Surrealismo
Taberna A Checa
Teresa Ramiro
Transfusión Oceánica
Urbano Lugrís González
V Día Lugrís
Vecchio
VI Día Lugrís
Viaxe en tren
Video
Vigo
VII Día Lugrís
VIII Día Lugrís
Xabi Maceiras
Xantar Popular
Xosé Iglesias
Xunta de Galicia
Xurxo Gago
Xurxo Souto