Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta Viaxe en tren. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Viaxe en tren. Amosar todas as publicacións
NOTA DE PRENSA [COLECTIVO LITERARIO IN NAVE CIVITAS]

11/02/1917 - 11/02/2017 CENTENARIO DA VISITA DA IRMANDADE DE AMIGOS DA FALA DA CORUÑA A FERROL


​ Ferrol - Cruña: "Unha nova xornada galeguista" das "Hirmandades da Fala" o sábado 11/02/2017 [100 anos despois].

O Colectivo Literario In Nave Civitas e a Fundaçom Artabria organizan a recreación da visita que a “Hirmandade de Amigos da Fala da Cruña” fixo a Ferrol hai cen anos, o 11 de febreiro do 1917.

Amigos da Fala somos
Y-o amor de Galicia sea,
 Xa que de todos é nai,
Quen nos xunte e nos protexa…

(Cantiga dos amigos da fala, de Manuel Lugrís)

  
O 11/02/1917 a “Hirmandade de Amigos da Fala da Cruña” celebrou en Ferrol un acto galeguista. Dito acto foi anunciado polos ferroláns coma un «mitín do rexionalismo galego» no que ninguén ía atopar «humildá, nin queixas, nin vágoas, nin sospiros». Entre outros; foron a Ferrol, os irmáns Vilar Ponte, Manuel Lugrís, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González sendo recibidos entre aprausos e vivas a Galicia na estación do ferrocarril do Ferrol por máis de cen enxebres, entre outros; o coro “Toxos e Froles” co seu presidente Sr. Vaello, a rondalla “Airiños da Miña Terra” co seu intelixente director Sr. Pampín, o pintor D. Camilo Díaz, o poeta D. Emiliano Balás, os cómicos Charlón y-Hermida, D. Pedro Fraga de Porto e o cultísimo García Niebla. Todos xuntos camiñaron en manifestación solemne e polo camiño espallaron follas con versos e pensamentos alusivos.

Despois do mitin, celebrado no Salón de Amboaxe, os irmáns enxebres xantaron no "Ideal Room", sito na rúa Real, e a xornada continuou coa representación dun diálogo teatral cómico representado polos senlleiros actores Hermida e Charlón máis a lectura de poemas, segundo relata o boletín decenal A Nosa Terra do 16 de febreiro do ano 1917.

O 11/02/2017, xusto cen anos despois, o Colectivo Literario In Nave Civitas e a Fundaçom Artabria queren conmemorar aquela xuntanza  repetindo aquela xornada galeguista co seguinte programa:

Ø Saída en tren das irmás e irmáns da “Cruña” ás 10:50 Horas.
Ø Chegada a Ferrol ás 12:07 Horas.
Ø Recepción na estación do ferrocarril polas irmás e irmáns enxebres de Ferrol.
Ø Roteiro polo Ferrol das Irmandades da Fala co asesoramento do Catedrático Xosé M. Dobarro.
Ø Reportaxe fotográfica no edificio “Ideal Room” (100 anos despois), lectura de textos das Irmandades.
Ø Xantar popular (12,00 €), lectura de textos, recital poético musical e troula, no local social da Fundaçom Artabria, sito na Travesía Batallóns no barrio de Esteiro. [A reserva previa para o xantar pódese facer a través do ciber-correo correiodeartabria@gmail.com ou do teléfono 669 778 474 antes do 9 de febreiro].
Ø Ás 18:30 horas, acompañamento e despedida ás irmás e aos irmáns da “Cruña” na estación do Ferrocarril.
Ø Saída en tren de Ferrol ás 19:15 horas (Chegada á Coruña ás 20:30 horas).


Convidamos a todas e a todos os asistentes a virdes vestidas e vestidos coas vosas mellores galas da época, aló polo ano 1917. Convidamos ás irmás e aos irmáns ferroláns a acudiren á estación do ferrocarril para recibiren á comitiva enxebre da “Cruña” e acompañala polas rúas ferrolás nunha nova xornada galeguista cen anos despois.


Prégase e agradécese difusión da nova.


Rueiro da xornada:

“Rueiro do roteiro”
Estación de Ferrocarril Ferrol
Avenida de Compostela
Praza de España
Rúa Galiano
Rúa Lugo
Rúa Real
Praza de Amboaxe (Antigo salón de Amboaxe)
Rúa Real
Praza de Armas (Edificio Ideal Room)

 “Rueiro para xantar”
Rúa da terra
Rúa da igrexa
Rúa Cantón de Molíns
Praza das Angustias
Rúa Carlos III
Travesía Batallóns

  “Rueiro acompañamento á estación”
Travesía Batallóns
Rúa Carlos III
Rúa Fernando VI
Rúa San Ramón
Rúa Naturalista López Seoane
Avenida de Vigo
Praza de España
Avenida Compostela
Estación Ferrocarril Ferrol

No tren das doce e sete do sábado chegarán nosos hirmáns. Pregamos a tod@s cantos teñan amor a Galiza acudan a gardaios e logo a oílos no mitin.

Ferroláns! Axudádenos a erguer nosa Galiza! Acudide vestidos da época para vivirmos tod@s unha xenial e enxebre xornada.

•    Saída en tren dos Irmáns da Cruña ás 10:50 Horas.
•    Chegada a Ferrol ás 12:07 Horas.
•    Recepción na estación Ferrocarril dos hirmáns Enxebres de Ferrol aos hirmáns da Cruña.
•    Roteiro polo Ferrol das "Hirmandades" (polo camiño espallaranse escritos alusivos 100 anos antes).
•    Reportaxe fotográfica no edificio Ideal Room (100 anos despois) e Lectura de textos das "Hirmandades".
•    Xantar popular (12E), lectura de textos, recital e troula no local social da Fundaçom Artabria.
•    Ás 18:30 horas, acompañamento e despedida aos hirmás da Cruña na estación do Ferrocarril.
•    Saída en tren de Ferrol ás 19:15 horas (Chegada á Coruña ás 20:30 horas).


"Canta, meu carriño, canta
a redención esquencida
y-o dor da Terra ferida
de treidores e ladróns
¡A y-alma galega dorme
a santa ideya está morta
e tes que ir porta por porta
escendendo os corazóns"

Ramón Cabanillas

Lugrís

Lugrís