Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta Homenaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Homenaxe. Amosar todas as publicacións
Este domingo 15 de maio temos unha cita coa poesía, coas lecturas dramatizadas, coa música o caldo e o churrasco. Temos unha cita, para pasaren unha estupenda xornada homenaxeando a Manuel María. Estades tod@s convidad@s! Acudide!
BANDO

Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licenza para voar.
Prohíbese á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas.
Prohíbese soñar de 10 a 11.
Pódese chorar tan só cando hai sequía
para que no fiquen baleiros os pantanos .
Un só se pode emocionar
os Xoves e Domingos
cando toca
a Banda do Concello no quiosco.
Están fora da Lei
as estrelas, a Primavera,
as flores e os paxaros.
Dase este bando en tal e cal
para que se cumpra
de orde do Alcalde.
Asinado, carimbado e rubricado.

Manuel María en Documentos persoaes, 1958

DISPOSICIÓN ADICIONAL (CON PERDÓN)


Convídase, por orde da Alcaldía
que veñan festexar
a obra do poeta popular,
o bo Manuel María.
O domingo día 15 ao mediodía
na praza de Sellier
con música, teatro e poesía
e caldo para xantar
(e algo de churrasco para despois).
Agradecemos gorxas espontáneas
que queran recordar
as verbas e a vida do poeta
fillo da Terra Chá.
Permítese a emoción malía no ter
prevista a presenza
da Banda do Concello neste acto.
Os risos e as bagoas
polo bardo,
o gran Manuel María,
exentos estarán
de taxas e demais contribucións.
Dáse esta Adicional
para que ben se cumpra
de orde do Alcalde
e outra sinatura,
outro carimbo
e unha rubrica máis.

A Coruña e maio, 2015
 

"A Memoria das Pedras" Roteiro Homenaxe a Milucho Mariñas organizado polo Colectivo Poético Literario In Nave Civitas Lugrís o domingo 06 de setembro de 2015. Unha marabillosa e emotiva xornada homenaxe ao mítico e benquerido Milucho Mariñas.


Fotos e video de Xurxo Gago.
Música de Lenda Ártabra: Mariñeiros do Mar.

 
 
Hemeroteca Milucho:
Roteiro da man de Milucho e Xurxo Souto
O luns 28 de maio tivemos a sorte de facer un roteiro polos arredores da Torre de Hércules da man de Milucho Mariñas, un experimentado percebeiro, que aínda estando xa retirado do oficio segue a ter unha gran paixón polos percebes.
Milucho fixo un pequeno recorrido polas rochas percebeiras máis importantes que había nos seus tempos; así como daunos a coñecer os lugares máis perigosos da costa coruñesa onde houbo máis naufrasios e lamentablemente falecementos. Algunhas das rochas máis citadas por el son: a vaca, o boi, o becerro, coitelos de mar, o altar, a corredoira, o redondo... Ademais grazas aos seus coñecementos podemos citar palabras como meixón, a cal non aparece no diccionario e que significa; rocha que en preamar está cuberta pola auga e en baixamar queda á vista.
Para Milucho ser percebeiro non era un traballo senón unha afición, no que podía pasar horas e facer longas viaxes en lanchas de remos para poder coller percebes. Contounos anécdotas e historias, como a de ter que ir ás agachadas sen que os visen os centinelas que estaban a vixiar na zona militar, correndo o risco de ser arrestado e mesmo ir preso.
Nada máis decir que me gustou moito este roteiro e que aínda queda pendente poder rematalo podendo contar de novo coa presenza e compaña de Milucho Mariñas sen deixar de lado tampouco a Xurxo Souto que tamén nos acompañou en todo o roteiro. 
Fonte: http://viacala.blogspot.com.es/2012/05/roteiro-da-man-de-milucho-e-xurxo-souto.html

Xurxo Souto entrevista a Emilio "Milucho" Mariñas (Memoria do Club do Mar, da Agra de San Amaro e de todos os lugares darredor da Torre. Técnicas de marisqueo e xentes do mar): 


Fallece el histórico percebeiro Milucho Mariñas

http://www.radiocoruna.com/articulo/informativos-radio-coruna/fallece-historico-percebeiro-milucho-marinas/20140827000000017554.html

 As pedras do Mar da Torre: 

 https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=zZ18B2QHBlhE.k17jJ3iz5E4Q

 

Lugrís

Lugrís