Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta Nota de Prensa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nota de Prensa. Amosar todas as publicacións
NOTA DE PRENSA 
A Coruña, 3 de agosto de 2015.
A INACTIVIDADE DA XUNTA DE GALICIA PON EN PERIGO O MURAL DE URBANO LUGRÍS. 
 

Malia que o Servizo de Museos da Consellería de Cultura emitiu o 30.09.2013 un informe favorable á declaración como ben de interese cultural (BIC) do mural que Urbano Lugrís González pintou no baixo do núm 74-76 da rúa Real a Dirección Xeral de Patrimonio aínda non cumpriu coa súa obriga de incoar o expediente para concederlle a dita protección ao fresco. 

A asociación cultural O Mural solicitou a declaración do dito mural como BIC o 28.06.2013. A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia (LPCG) obriga á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta a iniciar o expediente tras unha petición, sen que até o intre fixera máis que solicitar o dito informe ao Servizo de Museos. 

A incoación do expediente é un trámite importante pois supón que dende o momento no que se publique no DOG e até a resolución o mural gozará de xeito provisional -condicionado ao resultado final do expediente- da máxima protección, a propia dos bens de interese cultural, tal e como ordena o art. 10 LPCG. 

O peche da cafetería que ocupaba o baixo do número 74-76 da rúa Real non só priva ao público de ver unha das máis emblemáticas obras de arte da Coruña senon que tamén pon en perigo a súa conservación: ninguén sabe o que as persoas que teñen acceso ao local poden facer. 

Se o expediente estivera incoado na data na que O Mural solicitouno, hoxe, entre outras cousas: 

- Os propietarios e posuidores do mural deberíán facilitar a visita do público a este nas condicións que a Xunta establecera, que en todo caso tería que ser gratuíta durante catro días ao mes, en días e horario prefixado. 

- O mural gozaría da máxima protección, e a súa utilización quedaría subordinada a que non se puxeran en perigo os valores que aconsellan a súa conservación. Calquera cambio de uso tería que ser autorizado polos organismos competentes. 

Lugrís

Lugrís