Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
NOTA DE PRENSA 
A Coruña, 3 de agosto de 2015.
A INACTIVIDADE DA XUNTA DE GALICIA PON EN PERIGO O MURAL DE URBANO LUGRÍS. 
 

Malia que o Servizo de Museos da Consellería de Cultura emitiu o 30.09.2013 un informe favorable á declaración como ben de interese cultural (BIC) do mural que Urbano Lugrís González pintou no baixo do núm 74-76 da rúa Real a Dirección Xeral de Patrimonio aínda non cumpriu coa súa obriga de incoar o expediente para concederlle a dita protección ao fresco. 

A asociación cultural O Mural solicitou a declaración do dito mural como BIC o 28.06.2013. A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia (LPCG) obriga á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta a iniciar o expediente tras unha petición, sen que até o intre fixera máis que solicitar o dito informe ao Servizo de Museos. 

A incoación do expediente é un trámite importante pois supón que dende o momento no que se publique no DOG e até a resolución o mural gozará de xeito provisional -condicionado ao resultado final do expediente- da máxima protección, a propia dos bens de interese cultural, tal e como ordena o art. 10 LPCG. 

O peche da cafetería que ocupaba o baixo do número 74-76 da rúa Real non só priva ao público de ver unha das máis emblemáticas obras de arte da Coruña senon que tamén pon en perigo a súa conservación: ninguén sabe o que as persoas que teñen acceso ao local poden facer. 

Se o expediente estivera incoado na data na que O Mural solicitouno, hoxe, entre outras cousas: 

- Os propietarios e posuidores do mural deberíán facilitar a visita do público a este nas condicións que a Xunta establecera, que en todo caso tería que ser gratuíta durante catro días ao mes, en días e horario prefixado. 

- O mural gozaría da máxima protección, e a súa utilización quedaría subordinada a que non se puxeran en perigo os valores que aconsellan a súa conservación. Calquera cambio de uso tería que ser autorizado polos organismos competentes. 
 A asociación O Mural logra que a Xunta inicie os trámites para declarar BIC o fresco do Vecchio

Ana Badía y Marcos Samaniego, 
dirixentes de A. O Mural Pedro Pui.

Ana Badía y Marcos Samaniego, dirigentes de O Mural pedro puigTodo un primeiro paso. A asociación cultural O Mural, que promove unha xestión sostible do patrimonio e os recursos naturais, anunciou onte que a Xunta se comprometeu a incoar nas próximas semanas o expediente administrativo para que o fresco de Urbano Lugrís que pode verse na cafetaría Vecchio da rúa Real sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC), seguindo a proposta deste colectivo sen ánimo de lucro. Foi fai xa medio ano, en xuño de 2013, cando os representantes do Mural realizaron ante a dirección xeral de Patrimonio a solicitude formal para que a obra, que se encontra en moi mal estado de conservación, obtivese esta garantía de protección. Como onte explicaron, a falta de noticias levounos a pedir unha entrevista coa responsable deste departamento na Xunta, María del Carmen Martínez, que o pasado 16 de decembro accedeu a recibilos para falar do estado do expediente. O resultado dese encontro cualificábano onte como "excelente" o presidente da asociación, Marcos Samaniego, e o vicepresidente, Ana Badía, despois de expoñer algúns dos puntos principais. O máis relevante, o anuncio por parte do Goberno galego do informe técnico favorable, previo á incoación do expediente administrativo para declarar o mural de Lugrís como BIC, que, indican, anunciarase no DOG; pero, tamén o feito de que a directora xeral de Patrimonio recoñecese, que sen a iniciativa liderada polo Mural a Xunta non tería dado este paso para dotar por primeira vez á obra do pintor de protección legal. Ata a data, a peza surrealista encóntrase desprotexida e o seu futuro depende da vontade dos propietarios do local dodne pintouse. Pero a ambición do colectivo O Mural vai máis alá desta obra concreta, e no seu escrito dirixido á Xunta abría a porta para iniciar un proceso que abranga as obras de Lugrís repartidas polos muros de Galicia. A asociación reivindica o valor artístico destas obras, pero tamén o seu potencial cultural e turístico deste legado cultural, que, aos seus ollos, supoñería un valor engadido ao atractivo da comunidade.

Fonte:  http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/asociacion-mural-logra-xunta-inicie-tramites-declarar-bic-fresco-vecchio/20140117232934168514.html


I Roteiro poético-musical polo litoral de Arteixo. UN estupendo encontro do que saiuse ás 11 da mañá desde o inicio do paseo maritimo arteixán (a carón da cheminea de Sabón) e cara a Valcovo. Unha maravillosa experiencia organizada pola Asociación Cultural Monte da Estrela e polo colectivo literario In Nave Civitas onde mulleres e homes poetas recitaron poesía e outros textos fronte as costas arteixáns. Non faltou a música da gaita para acompañar neste belo roteiro.

Avante na Defensa da Pesca Responsable e Artesanal

Encontro artístico reivindicativo da pesca artesanal responsable celebrado o domingo 5 xullo de 2015, coa participación de diferentes artistas plásticos e visuais, poetas e músicos creando en directo durante a xornada.

Fotos e Video by Xurxo Gago
Música de Breogán: Fillos dos Celtas

Hemeroteca/Fonte: https://portableproject2015.wordpress.com/2015/06/18/inauguracion-portable-e-obradoiros-artisticos-no-castelo-de-santa-cruz-oleiros/

Inauguración Portable e obradoiros artísticos no Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

CartelProgramaArteMar2 (1)
O dia 3 de xullo inauguramos a exposición Port-able no Castelo de Santa Cruz
ACTIVIDADES NO CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS)
  • Exposición Port-Able
  • Obradoiros Arte e Medio Ambiente. 
    Venres 3 xullo: Obradoiro de monotipia a partir da natureza
     
    Sábado 4 xullo – A maxia do lixo
    ADomingo 5 xullo – Obradoiro de debuxo axul e branco

  • Avante na Defensa da Pesca Responsable e Artesanal
    Encontro artístico reivindicativo da pesca artesanal responsable coa participación de diferentes artistas plásticos e visuais, poetas e músicos creando en directo durante a xornada.
    Horario: 12 – 20 h.
21º Programa Entrelazados, programa divulgativo en Lingua Galega

coordinado e conducido por Xurxo Gago.

Falando do pintor do mar: Colectivo In Nave Civitas Lugrís [Xurxo Souto, Teresa Ramiro, Rodrigo Osorio e Xurxo Gago]. O Monográfico: [A Coruña que viviu Lugrís da Nosa Terra TV] con Antón Patiño e Xurxo Souto. Música Galega: Colectivo literario In Nave Civitas Lugrís [Rapsodia ao pintor do mar], Nacho López [A Marea no Xanrei], Mercedes Peón [Marés Vivas (O Mar de Portozás)]. Email:entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter:@EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón: http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.
Foto: Xurxo Gago 



O son da corna mariña pola rúa Real da Coruña pasou, na tardiña baixa do sábado 20, unha peculiar manifestación. As luminarias dos comercios despregaban toda a súa cegadora potencia de Nadal. E a clientela saía desconcertada ás portas, chamada polos sons dunha ducia de buguinas e unhas estrañas consignas. Berrabamos: "¡O sol pode brillar calquera noite!". E logo: "¡Sempre a barlovento; nunca a sotavento". E un pouco máis adiante: "¡Menos derrotismo; máis surrealismo!". E xa entrando na praza de María Pita: "¡Menos economía; máis poesía!". Achegóuseme un home: -Isto qué é, ¿unha manifestación dos de Alcoa?. -Non, señor. E unha manifestación surrealista. Faise unha homenaxe ao pintor coruñés Urbano Lugrís, que morreu un 23 de decembro de hai 41 anos. -Ah, vale!, dixo. E quedou medio pasmarote, ollando calado esa estraña agrupación humana.

Era o V Día Lugrís no que tiven a honra de participar. Convidado pola asociación "In nave civitas", esta celebración percorre as rúas coruñesas que foron máis amenas ao enorme pintor surrealista. No medio do percorrido entramos, como non, no Café Vecchio, onde unha xigantesca obra lugrisiá asombra e dignifica o lugar. Unha peza que, despois de anos de deterioro, loita agora por ser recoñecida como Ben de Interese cultural, grazas á teima da asociación O Mural.

Xurxo Souto, un dos artífices deste movemento de protesta creativa, surrealisa e oceánica, explicaba aos clientes do Vecchio -que se degoraban no seu lecer de tarde de sábado- o significado do mural e o significado tamén da nosa marcha. Mentres Moncho do Orzán, co acordeón e logo coa gaita, dirixía a súa "Rapsodia Lugrís" que entoaba a coro o grupo manifestante: "Urbano Lugrís, / quen pintou no mar / soños dun país!".

En 2008 tiven a oportunidade de editar un libro de Lugrís. O único libro de Lugrís. A obra que el quixera publicar en vida, pero que non chegara a completar. Titúlase Balada de los martes del norte e xunta poemas, contos e ensaios, en galego e castelán, recompilados e estudados pola profesora Olivia Rodríguez-Tudela. O libro foi tamén un dos protagonistas -xunto co recital de Manuel Rivas, Serafín Mourelle e Xosé Iglesias- desta quinta edición do día Lugrís.

O combate pola cultura, polo surrealismo e pola liberdade oceánica non terá fin. Pois, como exclamou Xurxo Souto: "¡E de remate, que continúe!".
EDITOR E XORNALISTA
 
QUIQUE ALVARELLOS
Saúde e Océano! 
Despois da fermosa singradura do V día Lugrís, tedes aquí o video reportaxe de tan festiva e agradábel xornada:






Que teñades tod@s unha boísima saída do 2014 e,
 unha marabillosa entrada e próspera e saudábel estancia no ano 2015.
Medre o Mar!

Lugrís

Lugrís