Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta Cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cultura. Amosar todas as publicacións


 Vista da Coruña,1830, de Urbano Lugrís.
(Trátase dun mural que o pintor do mar fixo nunha parede dun piso duns familiares seus en Madrid. Cando estes venderon o piso tiveron a sensibilidade e xenerosidade de doarlo e hoxe está no depósito do Museo de Belas Artes da Coruña. O 21.12.2013 despois do traballo necesario para poder exhibirlo ao público o Museo o presentará en sociedade por vez primeira dentro das actividades do IV día Lugrís. — en Museo De Belas Artes Da Coruña.)
O colectivo In Nave Civitas Lugrís e a asociación cultural O mural celebran o IV Día Lugrís para lembrar e honrar a memoria do Noso Señor Urbano Lugrís:

Programa:
(Aínda provisional en canto ás horas)

18:00-18:45 (No adro do Museo de Belas Artes da Coruña) xuntarémonos para decorar paraugas con motivos mariños e lugrisáns cos que logo percorreremos as rúas coruñesas.

19:00-19:45: (A recalada do mural) Recepción poética do mural de Urbano Lugrís "Vista da Coruñá 1830, de Urbano Lugrís" Que o Museo de Belas Artes exhibirá por vez primeira ao público ese día.

20:00-21:00 (Manifestación atlántica) Cos paraugas decorados abertos e desde o Museo de Belas Artes da Coruña a praza Sellier (Rúa Real, Obelisco, Cantóns. Rúa Estrela, Rúa Manteleria, Rúa Santo André e Praza Sellier) percorrendo algúns dos lugares da vida do gran artista do mar, visitando os murais que se conservan e o grafiti que fai un ano fixo Outón na rúa Manteleria.

21:00-22:00 (A habitación do vello mariño) Praza José Sellier: recital artísitico na memria do Noso Señor Lugrís.

Convídase a todas as persoas a participar en calquera ou todos os actos organizados para ese día.

Acudan cos seus paraugas, pinturas, buguinas, vieiras e o espíritu morno e mítico da obra de Urbano Lugrís.

Medre o mar!





"O Berro Mollado" de Pablo Outón. O sábado 22 de decembro no III Día Lugrís, formando parte do colectivo In Nave Civitas Lugrís nunha "cuchipanda lugrisiá". 
"Menos derrotismo e máis surrealismo"
 Os espíritos de Antón Avilés de Taramancos e Urbano Lugrís estiveron con nós toda a fermosa xornada vivida. Toda unha homenaxe Grafiteira e cantareira e surrealista no centro dos pasadelos da cidade barco A Coruña.



 
 O Burato do Inferno de Urbano Lugrís

Continuando co día da Acción Lugrís no Borrazás temos aquí o fermoso poema A xeito de limiar TRANSFUSIÓN OCEÁNICA poema Escrito o 5 de decembro de 2011 por Xosé Iglesias, natural de Cee. Patrón do Primeiro Villar que amarra no peirao de Oza, na Coruña.
 Xosé Iglesias:
 A xeito de limiar
TRANSFUSIÓN OCEÁNICA

   
Eu, creo que sou humano reconvertido,
e sinto, que nalgún momento
sufrín transfusión oceánica,
porque esta sangue do meu corpo
non é sangue, é sangue salgada.
Sinto tamén que sufrín metamorfose,
non é nariz a miña senón proa,
non son brazos os meus senón amuras
e as miñas costelas cadernas…
Todo min forma un esqueleto naval.  
E  esa   barriga  que  se afunde no mar
estabilidade  contras  as  ondas  de  costado.
Son  humano,  son barco,  son tantas cousas.....
Eu, creo que son árbore, porque sempre  me  chove,
sempre  me venta, sempre  me  dá o sol.
tamén creo que sou paxaro, porque  os  peixes
venme   voar   entre  as  ondas, e subo, baixo,
fago  siluetas acrobáticas ou  simplemente voo raso.
Así me ven, un paxaro voando no océano…
Miran cara enriba, e alí estou coa proa,
as amuras, a popa, a barriga, o eixe…
Eu son mariñeiro,  e  o mar móllame   a  alma,
salinízame e golpéame o corazón.
e eu, non podo  facer máis nada,
senon  ser   árbore,  ser barco,  ser  paxaro...
en serio,  nada podo  facer,
NADA, PORQUE MARIÑEIRO SOU.
 
Escrito o 5 de decembro de 2011 por Xosé Iglesias, natural de Cee. Patrón do Primeiro Villar que amarra no peirao de Oza, na Coruña.

O escultor das Eiras é un poema Xosé Iglesias adicado a unha pedra percebeira das moitas que cubren os perfis da Torre de hercules. O escribiu mentres escoitaba  musica de Yann Tiersen que lle lembraba con ese piano o repicar dun martelo nas rochas. Cando fala dun escultor esta claro que é unha metáfora, xa que é o propio mar o que esculpe esas pedras cada día.





 





Increible actuación e sorpresa no día da Acción Lugrís no Borrazás, (café moi querido por Lugrís no seu tempo) cando Xurso Souto nos agasallou a tódolos compoñentes do Colectivo Poético Musical  e Narrativo "IN NAVE CIVITAS LUGRÏS" na cidade barco de A Coruña. Unha actuacion onde lle pon música a un poema de Teresa Ramiro,  compañeira nosa, poeta e mariscadora na ría do Burgo.

Todo foi moi mocionate!

  A RABALEIRA         

Sobre a pedra de A Rabaleira
deslizan seus sonhos ,os percebeiros,
sombras dunha esperanza que se quebra
coma a onda na crista dos rochedos.
Coiteladas de vida
coiteladas de sal !...

Rabaleira ti es pedra ,eles son carne,
terra e vento ,inmersos no mesmo mar.
Sobre o teu ventre fecundo brincan
enchendo de vida o cesto dos sonhos.

Coiteladas de vida
coiteladas de sal !...

Con sorrisos de escuma mordendo con furia,
sedento de sombras , en doce cantiga,
vestindo de lágrimas un berro amargo,
o mar os arrola ,roubándolles a vida.

Coiteladas de vida
coiteladas de sal!...

NO MAR CRECERÁN SEMPRE ROSAS.

Teresa Ramiro (mareabaixa@yahoo.es)



Lugrís

Lugrís